Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.790

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4114 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4-1º, en solicitude de autorización para instalar C.T. edificio López y Rodríguez, r/ Carrero Blanco, esquina-Rof-Codina (Lugo), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20

de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, con conductor 1x150 mm Al, 15/25 kV Eprotenax. Centro de transformación 1x400 kVA 20.000 ±5%, 398-230 V, en r/ Carrero Blanco-esquina Rof Codina en Lugo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 20 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo