Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4-1º, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. subterránea e C.T. edificio Ramiro Escolante-c/ estrada Ombreiro (Lugo), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, de 340 metros de lonxitude, con conductor D.H.V. Liña de media tensión subterránea a 20 kV, de 304 metros de lonxitude a C.T. río Mandeo. Centros de transformación 2x400 kVA 20.000 ± 5%, 380-220 V.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 15 de decembro de 1994.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo