Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.755

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 15 de marzo de 1995 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

De acordo do disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (DOG do 12 de xullo), de creación

do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso das posibilidade de substitución que recolle o artigo 4 da devandita lei, a Confederación de Empresarios de Galicia propón a renovación parcial da súa representación no consello.

En virtude do disposto no artigo 11 do Decreto 13/1994, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o órgano colexiado Consello Galego de Relacións Laborais figura adscrito a esta consellería.

Por todo o exposto, en virtude do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso . das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a Alberto Viejo López, en substitución de José Mª Hidalgo González.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais