Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/22-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. estación Radio Compañía Telefónica.

Situación: Monte dos Corzos-Vilasantar.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoio formigón e conductor LA-56, de 6 m de lonxitude, que parte da liña denominada a fábrica de Aserpal e remata en Monte dos Corzos. Centro de transformación tipo interior, de 50 kVA, para estación de Radio T.M.A. da Compañía Telefónica Nacional de España. Vilasantar.

Todas aquelas persoas ou, entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de febreiro de 1995.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña, en funcións