Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.724

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4.062 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Lugo, r/ Ciudad de Viveiro, 4-1º, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. Subt. e C.T. en edificio Sanxurxo, r/ Avda.Terra Cha-Vilalba, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 100 metros. Centro de transformación 2x400 kVA 20.000 ±5%, 398-230 V. Redes de baixa tensión subterránea 380 V e 145 metros de lonxitude, en Vilalba.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 24 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo