Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.722

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4086 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4-1º, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media

tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria.

Esta delegación provincial resolveu autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: liñas de media tensión a 20 kV, de 61, 309 e 705 metros de lonxitude, conductor LA-56, apoios de formigón e torres metálicas, orixe nas L.M.T. a C.T. Vila, L.M.T. a C.T. Ponte do Carro e L.M.T. a C.T. San Vicente e final nos centros de transformación Ferrol, Ponte do Carro e Regosanguento. Centros transformación, dous de 100 kVA e outro de 50 kVA 20.000, 380/220 V, torres metálicas. Liñas de baixa tensión, conductores RZ-95-50-25, apoios de formigón ou sobre fachada. Reelectrificación de Rigueira no concello de Xove.

Declarar a utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e o seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 23 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo