Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.722

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4088 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, en solicitude de autorización para instalar C.T. en edificio Arestorres en rúa Luis Ameijide, Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., a instalación de unha liña de media tensión subterránea de 255 metros de lonxitude, conductor D.H.V. 15/25 kV. Centro de transformación 2x400 kVA 20.000±5%, 380-220 V, no concello de Lugo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 15 de decembro 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo