Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 1995 Páx. 2.670

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de marzo de 1995 pola que se convoca concurso-oposición para ingreso no corpo de mestres en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma así como a adquisición de novas especialidades.

A disposición adicional novena, apartado 3, da Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo e o Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición.

Por outra banda, o título III do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, regula o procedemento para a adquisición de novas especialidades, establecendo, no seu artigo 40, que os funcionarios do corpo de mestres poderán obte-la habilitación para o exercicio de novas especialidades dentro do mesmo corpo, especialidade que se acadará mediante a realización dunha proba.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda anuncia-las seguintes convocatorias:

Convocatoria do concurso-oposición para ingreso no corpo de mestres.

Convocatoria para a adquisición de novas especialidades.

I. CONVOCATORIAS

PRIMERA.-CONVOCATORIA DO CONCURSO-OPOSICIÓN PARA INGRESO NO CORPO DE MESTRES

1. Convócase concurso-oposición para cubrir, polo sistema xeral de acceso libre, 200 prazas, todas en expectativa de ingreso.

O número de prazas ofertadas verase incrementado, se é o caso, pola totalidade ou parte das vacantes que se produzan como resultado do acceso de funcionarios a outros corpos docentes a través dos procedementos de mobilidade establecidos nas disposicións adicionais décimo novena e décimo sexta da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e co Real decreto 575/1991, do 22 de abril (BOE do 23 de abril), polo que se regula a mobilidade entre os corpos docentes e a adquisición da condición de catedrático.

2. Conforme o disposto no artigo 31.2º da Lei da función pública de Galicia e na disposición adicional décimo novena da Lei 23/1988 resérvanse 6 prazas, o tres por cento do total de prazas ofertadas, para seren cubertas entre as persoas con discapacidades igual ou maior ó 33%, segundo o establecido na disposición adicional sétima da Lei 4/1991, do 8 de marzo (DOG do 13 de marzo) de reforma da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,.

3. A este concurso-oposición serálle de aplicación a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei 17/1993,

do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea; o Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, polo que se regula o ingreso e a adquisición de especialidades nos corpos de funcionarios docentes a que se refire a Lei orgánica 1/1990 e o disposto na presente convocatoria.

4. As probas selectivas que se convocan terán lugar na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela, sen prexuízo de que non se celebren probas dalgunha especialidade nalgunha das localidades citadas. Na resolución pola que se nomean os tribunais sinalaranse a localidade ou localidades nas que deberán facerse as probas.

5. Distribución de prazas por especialidade. Tendo en conta as necesidades do ensino, as prazas anunciadas no presente concurso-oposición distribúense do seguinte xeito en cada área ou especialidade:

O feito de matricularse nunha provincia determinada e supera-lo proceso selectivo non lle atribúe ó aspirante un dereito a ser destinado nela, senón que, unha vez ingresado e chamado a exercer, a Administración poderao destinar, dentro da Comunidade Autónoma, á provincia e posto de traballo onde o requiran as necesidades do ensino.

Así mesmo, os que superasen o concurso-oposición polas distintas especialidades veñen obrigados a desempeñalas a teor das necesidades dos centros, segundo a normativa de adscrición do profesorado e o establecido no artigo 10 do Real decreto 895/1989, do 14 de xullo, modificado polo Real decreto 1664/1991, do 8 de novembro.

II. REQUISITOS DOS CANDIDATOS

6. Para ser admitidos á realización do concurso-oposición os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

6.1. Requisitos xerais:

a) Ser español ou, de acordo co establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24), sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, te-la nacionalidade dun país membro da Unión Europea ou a de calquera daqueles estados nos que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación dos traballadores nos termos en que esta se encontra definida no tratado constitutivo da Unión Europea.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos e non exceder da idade establecida para a xubilación.

c) Estar en posesión ou en condicións de que lles sexa expedido algún dos seguintes títulos:

Mestre.

Diplomado en profesorado de educación xeral básica.

Mestre de ensinanza primaria.

No caso de titulación obtida no estranxeiro deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou da credencial de recoñecemento, para o exercicio da profesión de mestre en aplicación da Directiva 89/48/UE.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.

f) Non ser funcionario de carreira do corpo de mestres, nin funcionario en prácticas, agás que se concorra ó procedemento para a adquisición de nova especialidade a que se refire a convocatoria segunda da presente orde.

6.2. Requisitos específicos para os aspirantes que non posúan a nacionalidade española.

De conformidade co establecido no artigo 2 da Lei 17/1993, de 23 de decembro, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española, para seren admitidos ó concurso-oposición, deberán acreditar, ademais dos requisitos xerais a que alude o número 6.1, non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

6.3. Requisitos específicos para participar pola reserva de minusvalidez.

Poderán participar por esta reserva, aqueles aspirantes que, ademais de reuniren os requisitos xerais, teñan recoñecida polos órganos competentes da Comunidade Autónoma correspondente, unha diminución física de, polo menos, un 33 por 100.

A opción por esta reserva terá que formularse na solicitude de participación con declaración expresa de reuni-la condición esixida ó respecto, que se acreditará, de se obter praza, mediante certificación dos órganos competentes que acredite tal condición.

Non obstante, se na realización das probas se suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo de mestres, poderán recabalo correspondente dictame dos órganos competentes conforme o previsto no número 54 c. Neste caso, e ata tanto se emita o dictame, o aspirante poderá seguir participando condicionalmente no proceso selectivo, quedando en suspenso a resolución definitiva sobre a admisión ou exclusión do proceso ata a recepción do dictame.

O proceso selectivo realizarase en condicións de igualdade cos aspirantes de ingreso libre, sen prexuízo das adaptacións previstas no número 31 da base V desta convocatoria.

Os aspirantes que concorran por esta reserva non poderán coneorrer á mesma especialidade polo sistema de ingreso libre. Así mesmo, só poderán concorrer a unha única especialidade por este sistema.

Aqueles aspirantes que concorran ás prazas reservadas para discapacitados e que, reunindo os requisitos mínimos para aprobar, excedan do número de prazas asignadas ó tribunal ou comisión de selección para esta reserva, concorrerán á formación da lista de aprobados do tribunal ou comisión de selección en igualdade de condicións cós das prazas libres, segundo a súa puntuación.

7. Tódolos candidatos deberán reuni-los requisitos enumerados na data na que remate o prazo de presentación de instancias e mantelos ata o momento da toma de posesión, como funcionarios de carreira.

III SOLICITUDES

8. Forma. Os que desexen tomar parte no presente concurso-oposición deberán presentar unha solicitude, conforme o modelo que se insire a continuación desta orde, e que poderán obter na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, na que fagan consta-lo seguinte:

a) Área ou especialidade que elixen para realizaren a fase de oposición recollida no punto 40.2 da presente convocatoria.

b) As persoas con discapacidade deberán indicar no recadro correspondente o tipo de discapacidade que sofren e as adaptacións de tempo e medios que solicitan para a realización das probas.

Os aspirantes, deberán, así mesmo, presenta-lo documento que se xunta como anexo I, relacionando tódolos méritos que alegan, acompañándoos de tódolos documentos xustificativos, na forma que se establece no anexo III.

Os aspirantes de nacionalidade distinta á española deberán indica-la nacionalidade que posúen e, en caso de estaren en posesión do diploma superior de español como lingua estranxeira ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros, deberán consignar se están exentos da proba de castelán.

9. Documentación.

9.1. De carácter xeral: os aspirantes xuntaranlle á súa solicitude toda a documentación xustificativa para a valoración dos méritos a que se fai referencia no baremo que, como anexo III, se une á presente orde, entendéndose que só se tomarán en consideración aqueles méritos debidamente xustificados a través da documentación que se determina na presente convocatoria durante o prazo de presentación de instancias.

9.2. De carácter específico:

a) Para os de nacionalidade española: dúas fotocopias do documento nacional de identidade.

b) Para os aspirantes doutra nacionalidade:

-Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade:

-Fotocopia compulsada do título alegado para participar no concurso-oposición ou certificación substitutoria expedida pola autoridade competente.

-Declaración xurada ou promesa de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

-Para os aspirantes exentos da proba de coñecemento do castelán, fotocopia compulsada do diploma superior de español como lingua estranxeira establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención dos ditos diplomas.

10. Órgano ó que se dirixen: as solicitudes dirixiranse ó director xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

11. Lugar de presentación. A presentación de solicitudes farase na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais ou nos lugares e formas que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes subscritas polos españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo sinalado no número 12 da presente orde, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán de seguido ó organismo competente. O interesado xuntaralle á solicitude o impreso de autoliquidación sinalado no anexo II.

12. Prazo de presentación. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

13. Importe dos dereitos de exame. Polos dereitos de exame aboaranse 7.570 pesetas.

De conformidade co disposto no artigo 16.4º do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, segundo a redacción dada pola Lei 1/1994, do 30 de marzo, de presupostos da Comunidade Autónoma de Galicia para 1994, gozará de exención desta taxa todo o persoal da Xunta de Galicia.

14. Forma de pagamento. O importe dos dereitos de exame e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, farase utilizando o impreso de autoliquidación sinalado no anexo II. Este impreso facilitaráselles ós interesados xunto co impreso de soli

citude, e deberá cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo.

A non presentación deste anexo, no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante.

En ningún caso a presentación deste anexo suporá substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude perante o órgano expresado no número 10 da presente orde.

15. Erros nas solicitudes. Os erros de feito que poidan advertirse poderán ser rectificados en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado.

IV. ADMISIÓN DE CANDIDATOS

16. Lista provisional. Rematado o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral de Persoal fará pública, no Diario Oficial de Galicia, a lista provisional de admitidos e excluídos.

Nesta lista deberán aparece-lo nome, apelidos, número do documento nacional de identidade, reserva a discapacitados, cando proceda, e se están exentos ou non da proba de lingua galega e, se é o caso, de lingua castelá.

17. Reclamacións contra a lista provisional. Contra a lista provisional os interesados poderán interpoñer, no prazo máximo de dez días naturais a partir da súa publicación, as reclamacións que coiden oportunas, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

18. Lista definitiva. As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, que se fará pública no Diario Oficial de Galicia.

19. Recurso contra a lista definitiva. Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, os interesados poderán interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de un mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

20. Reintegro dos dereitos de exame. Os dereitos de exame serán reintegrados a petición dos aspirantes que fosen excluídos definitivamente da realización das probas selectivas, por falta dalgún dos requisitos para tomar parte nas ditas probas.

V. ÓRGANOS DE SELECCIÓN

21. A selección dos participantes no proceso selectivo será realizada por tribunais e comisións de selección nomeados pola Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, unha vez pechado o prazo de solicitudes, nomeamento que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

22. Composición dos tribunais. De acordo co disposto no artigo 7.3º e 7.4º' do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, os tribunais estarán compostos por funcionarios de carreira en activo dos corpos docentes ou do corpo de inspectores ó servicio da Administración educativa en número impar, non inferior a cinco. Para o presente concurso-oposición fíxase a composición de tódolos tribunais en cinco membros.

A totalidade dos membros dos tribunais pertencerán a corpos de igual ou superior grupo de clasificación có que corresponde ó corpo de mestres.

Na designación dos tribunais que teñan que xulgar cada unha das áreas terase en conta o principio de especialidade. De acordo con isto, a maioría dos seus membros deberá ser titular da especialidade obxecto do proceso selectivo.

Os tribunais estarán integrados por:

Un presidente, designado directamente pola Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; catro vocais designados por sorteo público entre os funcionarios do corpo de mestres que conten coa especialidade correspondente.

Actuará como secretario o vocal de menor antigüidade no corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra mancira.

Por cada tribunal designarase, polo mesmo procedemento un tribunal suplente.

23. Composición das comisións de selección. Nas especialidades nas que se nomee máis dun tribunal constituirase unha comisión de selección integrada por, polo menos, cinco membros, e da que formarán parte o presidente de cada tribunal da dita especialidade e, se é o caso, os vocais primeiros. O presidente e mailo secretario desta comisión serán nomeados pola Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na mesma resolución pola que se nomeen os tribunais. As funcións destas comisións serán as sinaladas no punto 33 da presente orde.

As comisións de selección constituiranse no prazo de 48 horas desde que se constitúan os tribunais.

24. De conformidade co artigo 11.1º do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, a participación nos órganos de selección ten carácter obligatorio.

25. Abstención. Os membros dos órganos de selección deberán absterse de intervir, notificándollo á Dirección Xeral de Persoal, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Do mesmo xeito, de acordo co artigo 11.2º do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño (BOE do 30), deberán absterse de intervir aqueles membros dos órganos de selección que realizaron tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas de acceso a corpos ou escalas do grupo B nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

Os presidentes poderanlles esixir ós membros do tribunal declaración expresa de non estaren incursos nas circunstancias previstas nos dous parágrafos anteriores.

26. Recusación. Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal ou das comisións de selección, se é o caso, de acordo co artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando concorran nestes as circunstancias previstas no punto anterior.

27. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros do tribunal que deberán substituí-los que perderon a súa condición por algunha das causas previstas nesta convocatoria.

28. Constitucións dos tribunais.

28.1. Logo de convocatoria do presidente, constituiranse os tribunais con asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. Na resolución de designación dos tribunais ós que se alude no punto 22 desta convocatoria deterrninarase o prazo no que celebrarán a súa sesión de constitución.

Na dita sesión os tribunais acordarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

28.2. A suplencia do presidente será autorizada, se é o caso, pola Dirección Xeral de Persoal; a dos vocais polo presidente que vai actuar, tendo en conta que deberá recaer no vocal suplente, respectivo, ou, no seu defecto, nos que o sigan segundo a orde en que figuren na disposición que os nomeou.

29. Unha vez constituído o tribunal e comezados os exercicios, este poderá actuar ata con tres membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

30. Os órganos de selección resolverán tódalas dúbidas que poidan xurdir na aplicación destas normas, así como todo o que se deba facer nos casos non previstos.

O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

31. Os tribunais adoptarán as medidas precisas de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten nas instancias, as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización.

32. Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), estes tribunais, comisións de selección, comisións de baremación e comisión de avaliación da fase de prácticas consideraranse incluídos na categoría segunda.

33. Funcións dos órganos de selección.

33.1. Funcións das comisións de selección. Corresponderalles a estas comisións:

A coordinación dos tribunais.

A determinación dos criterios de actuación dos tribunais e homoxeneización da mesma.

Elaboración dos exercicios a que alude a base VII desta convocatoria.

A agregación das puntuacións correspondentes ás distintas fases do concurso-oposición, ordenación dos aspirantes e declaración dos que o superaron.

A elaboración e publicación das listas de aspirantes seleccionados, así como remisión delas ó órgano convocante.

33.2. Funcións dos tribunais. Correspóndelles ós tribunais:

Cualificación das distintas probas.

Desenvolvemento do procedemento selectivo, de acordo co disposto na presente orde.

34. Funcións encomendadas a outros órganos da Administración. A asignación da puntuación que lles corresponda ós aspirantes polos méritos que acrediten, segundo o baremo recollido no anexo III da presente convocatoria, será efectuada por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, designados pola Dirección Xeral de Persoal. Esta valoración efectuarase en nome dos órganos de selección, aportando a estes os resultados obtidos.

Ás sesións da comisión poderá asistir un representante de cada unha das organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de persoal docente de niveis non universitarios.

35. En ningún caso se poderá declarar que superaron o concurso-oposición un número maior de aspirantes que o número de prazas ofertadas.

VI. COMEZO E DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO-OPOSICIÓN

36. Comezo. O proceso establecido nesta orde de convocatoria dará comezo coa proba de coñecementos da lingua castelá para os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e coa proba de coñecementos da lingua galega para o resto dos aspirantes sempre que non estean exentos da súa realización.

No seu momento, a Dirección Xeral de Persoal publicará os días da realización das probas citadas, que en todo caso non será anterior ó día 23 de xuño de 1995.

Os aspirantes serán convocados, a través do Diario Oficial de Galicia, para o acto de presentación, á realización da proba de coñecementos de lingua galega, á de coñecementos de castelán e á proba prevista no apartado 40 da base VII desta convocatoria, con 10 días naturais de antelación, como mínimo, indicando data, hora e lugar no que se realizarán estes actos.

Non será obrigatoria a publicación dos sucesivos chamamentos dos aspirantes no Diario Oficial de Galicia; non obstante, estes anuncios deberá facelos públicos o tribunal nos locais nos que se celebraron as probas anteriores, con 24 horas, polo menos, de antelación ó comezo das mesmas. En todo caso desde o remate dunha proba e o comezo da seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas.

37. De conformidade co resultado do sorteo celebrado con data 9 de marzo de 1995 na Consellería da Presidencia e Administración Pública, a orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «R» ou polos inmediatamente seguintes no caso dos tribunais que non teñan aspirantes con primeiro apelido que empece por esa letra.

O tribunal poderá requirirlles en calquera momento ós aspirantes que acrediten a súa identidade.

Os aspirantes serán convocados para o acto de presentación e para cada exercicio en único chamamento, e serán excluídos, do proceso selectivo os que non comparezan, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

Se en calquera momento do proceso selectivo os tribunais teñen coñecemento de que algún dos aspirantes non posúe algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia ó interesado, deberán propoñerlle a súa exclusión ó director xeral de Persoal, comunicándolle así mesmo as inexactitudes ou falsidades formuladas polo aspirante na solicitude de admisión ás probas selectivas, para os efectos procedentes.

Contra a exclusión do aspirante poderá interpoñerse recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

VII. SISTEMA DE SELECCIÓN

38. Proba de coñecemento do castelán para os aspirantes que non posúan a nacionalidade española.

Con carácter previo á realización das demais probas, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

O contido da proba de acreditación do coñecemento do castelán axustarase ó disposto no anexo III do Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, polo que se establecen diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira. A proba cualificarase de «apto» ou «non apto», sendo necesario obte-la valoración de «apto» para pasar a realiza-las demais probas.

Quedan exentos de realizar esta proba aqueles que estean en posesión do diploma superior de español como lingua estranxeira establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idio

mas. O certificado correspondente aportarao o aspirante xunto coa documentación que acompaña á solicitude para tomar parte no concurso-oposición.

39. Proba de coñecementos da lingua galega.

Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura no anexo IV e unha traducción do castelán para o galego. Non terá carácter eliminatorio, agás no caso das especialidades de educación preescolar, educación especial pedagoxía terapéutica e educación musical. A dita proba, que lles será facilitada ós tribunais pola Dirección Xeral de Persoal, deberá realizala a totalidade de aspirantes que non estean exentos da súa realización.

A valoración da proba de coñecementos da lingua galega farase con carácter previo á realización da fase de oposición establecida no punto 40.2 nas especialidades de educación preeescolar, educación especial-pedagoxía terapéutica e educación musical, dado o carácter eliminatorio daquela.

Ó remate da fase de oposición contemplada no punto 40.2 desta convocatoria, valoraráselle-la proba de lingua galega ós aspirantes das demais especialidades que resulten seleccionados, segundo o establecido no punto 48 desta convocatoria.

Quedan exentos da realización desta proba os aspirantes que superaron, con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes, o curso de perfeccionamento en lingua galega ou conten coa súa validación, feita pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou órgano competente, os licenciados en filoloxía galaico-portuguesa e os que teñan superado o curso de especialización en lingua galega, sempre que o acrediten no prazo de presentación de solicitudes.

O tempo para a realización da proba será de unha hora e non se poderá utilizar diccionario. A súa cualificación será «apto» ou «non apto».

Os aspirantes para os que a proba non sexa eliminatoria declarados «non apto» deberán acredita-los os cursos de iniciación e perfeccionamento do galego que para tal fin se convoquen nun prazo máximo de dous anos.

40. Conforme o establecido na disposición adicional novena, apartado 3, da Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo, e no capítulo sexto do título II do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, polo que se regula o ingreso e a adquisición de especialidades nos corpos de funcionarios docentes a que se refire a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, o sistema de selección constará das seguintes fases: fase de concurso, fase de oposición e fase práctica.

40.1. Fase de concurso. Nesta fase valoraranse os méritos que acrediten os aspirantes. Terán a consideración de méritos a experiencia docente, a formación académica e os cursos de formación e perfeccionamento superados.

A referida valoración realizarase conforme co baremo que, como anexo III, se une á presente convocatoria.

A cualificación da fase de concurso aplicaráselles unicamente ós candidatos que superen a presente convocatoria, de acordo co disposto na base VIII.

40.2. Fase de oposición. Nesta fase valoraranse os coñecementos específicos dos candidatos necesarios para imparti-la docencia, a súa aptitude pedagóxica e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente.

Os temarios sobre os que versarán as probas da fase de oposición para as respectivas especialidades son os establecidos na Orde do 9 de setembro de 1993 (BOE do 21).

Esta fase de oposición constará de tres probas eliminatorias que se desenvolverán na seguinte orde:

1º.-Proba de carácter práctico: esta proba axustarase, para cada especialidade, ó disposto no anexo V desta orde. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais ou, se e o caso, pola comisión de selección.

A elaboración desta proba realizaraa a comisión de selección, ou o tribunal no caso de que sexa único.

2º.-Proba escrita: os aspirantes que superen a primeira proba realizarán esta segunda, que consistirá no desenvolvemento por escrito de dous temas. O primeiro dos temas será elixido polo candidato de entre dous extraídos ó azar polo tribunal dos correspondentes á parte A do temario. O segundo tema será extraído ó azar polo tribunal dos correspondentes á parte B. Para o seu desenvolvemento os aspirantes disporán de catro horas: dúas para cada un dos temas.

O tema correspondente á parte A da proba escrita da especialidade de filoloxía inglesa poderá realizarse neste idioma.

Rematada a proba, os tribunais procederán ó chamamento dos opositores para que estes efectúen a lectura do exercicio realizado.

3º.-Proba oral: os aspirantes que superen a segunda proba realizarán esta terceira, que consistirá na exposición oral de un tema elixido polo candidato entre dous extraídos ó azar polo opositor da parte A do temario da especialidade. A exposición terá dúas partes. A primeira delas versará sobre os aspectos científicos ou de contido do tema. Na segunda o aspirante deberá enmarca-lo tema no currículo oficial de educacion primaria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, explicando a súa relación cos elementos do currículo; así mesmo, describirá pautas concretas de actuación co alumnado, ou implicacións educativas, en ámbolos casos relacionadas co tema elixido e referidas a un ciclo concreto. Rematada a exposición, o tribunal poderá debater co candidato sobre o contido da súa intervención.

A exposición e debate citados no parágrafo anterior terán unha duración máxima, respectivamente, dunha hora e quince minutos. O opositor disporá de

dúas horas para a súa preparación e poderá utilizar nela o material que coide oportuno.

A proba oral da especialidade de filoloxía inglesa poderá realizarse nese idioma.

4º.-Fase de prácticas. Os aspirantes que resulten seleccionados conforme o disposto no número 48 deberán realizar un período de prácticas tuteladas que formarán parte do proceso selectivo e que terá por obxecto comproba-las súas aptitudes para a docencia.

A cualificación desta fase será de «apto» ou «non apto».

VIII. CUALIFICACIÓN

41. Valoración da proba práctica. Os tribunais cualificarán esta proba de cero a dez puntos. Para a súa superación os candidatos deberán obter unha puntuación igual ou superior a cinco puntos. Finalizada esta proba, os tribunais exporán nos taboleiros de anuncios dos locais onde se realizou a mesma a puntuación obtida polos aspirantes que a superaron.

A puntuación de cada aspirante nesta proba será a media aritmética das cualificacións de tódolos membros presentes no tribunal. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferencia de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, achándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas so será excluída unha delas.

42. Valoración da proba escrita da fase de oposición. Os tribunais cualificarán esta proba de 0 a 10 puntos, correspondendo de 0 a 7 puntos á primeira parte e de 0 a 3 puntos á segunda. Para a superación desta proba os candidatos deberán obter unha puntuación igual ou superior a cinco puntos. Finalizada esta proba, os tribunais exporán nos taboleiros de anuncios dos locais onde se realizara a mesma as puntuacións obtidas polos aspirantes que a superaron.

A puntuación de cada aspirante obterase da forma que sé di no segundo parágrafo do número 41 da presente orde.

43. Valoración da proba oral da fase oposición. Os tribunais cualificarán diferenciadamente cada unha das dúas partes das que consta a exposición oral do tema elixido. A primeira destas partes será cualificada polo tribunal de 0 a 7 puntos e a segunda, de 0 a 3.

Para superar esta proba os aspirantes deberán obter unha puntuación igual ou superior a cinco puntos.

A puntuación de cada aspirante obterase de igual forma que nas dúas anteriores probas.

Finalizada esta proba, os tribunais facilitaranlle, se é o caso, á comisión de selección os resultados obtidos polos aspirantes que superaron tódalas probas coa finalidade de que aquela proceda á obtención da cualificación correspondente á fase de oposición. Naquelas especialidades en que non se constitúa comisión de selección, esta función será realizada polos tribunais.

44. A cualificación correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións obtidas nas probas integrantes desta fase, cando todas elas fóran superadas.

45. Os aspirantes da especialidade de educación preescolar, educación especial-pedagoxía terapéutica e educación musical deberán, ademais, supera-la proba de coñecementos da lingua galega, agás que estean exentos da súa realización. Ó remate da realización da fase de oposición, os tribunais remitiranlles ás comisións de selección a relación dos aspirantes que superaron esta fase, ordenadas de maior a menor puntuación, con aproximación ata as dez milésimas, con indicación do número do seu documento nacional de identidade ou análogo para os estranxeiros.

46. Valoración da fase de concurso. Os méritos presentados polos aspirantes valoraranse de acordo co baremo establecido no anexo III da presente convocatoria.

A puntuación, por apartados e especialidades, farase pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais.

Contra esta puntuación poderase presentar reclamación, no prazo de dez días naturais, diante nas respectivas delegacións.

Resoltas as reclamacións pola comisión procederase a publica-las puntuacións definitivas. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario, no prazo de 1 mes, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

47. De conformidade co establecido na base V da presente convocatoria correspóndelles ás comisións de selección a agregación das puntuacións acadadas polos aspirantes nas distintas fases do proceso selectivo, a ordenación deles de acordo coas puntuacións totais acadadas e a declaración dos que superaron este procedemento.

As comisións de selección, unha vez recibidas as puntuacións outorgadas polos tribunais, aplicaranlles ós candidatos que superaron a fase de oposición as puntuacións da fase de concurso, tendo en conta que segundo o establecido no artigo 3.lº 2, do Real decreto 850/1993, a ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso para forma-la puntuación global será de dous tercios para a fase de oposición e de un tercio para a fase de concurso.

IX. SUPERACIÓN DO CONCURSO-OPOSICIÓN

48. Resultarán seleccionados para pasar á fase de prácticas aqueles aspirantes que, unha vez ordenados segundo a puntuación global das fases de oposición e concurso, teñan un número de orde igual ou menor que o número de prazas convocadas na especialidade pola que participaron.

49. As comisións de selección, unha vez determinados os aspirantes que superaron o concurso-oposición, confeccionarán unha lista única, na que figurarán os aspirantes que o superaron ordenados segundo a puntuación obtida.

As prazas, de entre as reservadas, que non se cubran, acumularanse ás do sistema xeral de quenda libre.

Os posibles empates resolveranse de acordo cos seguintes criterios:

-Maior puntuación na fase de oposición.

-Maior puntuación en cada un dos exercicios da oposición, pola orde en que estes se realizaron.

-Maior puntuación nos apartados do baremo de méritos pola orde en que estes, aparecen na convocatoria.

-Maior puntuación nos subapartados do baremo pola orde en que estes aparecen na convocatoria.

-Por sorteo público.

50. Estas listas faranse públicas nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Os aspirantes que non figuren nestas listas consideraranse eliminados, sen que poidan alegar ningún dereito.

A dita relación elevarase á Dirección Xeral de Persoal e será publicada no Diario Oficial de Galicia.

51. A renuncia ós dereitos derivados do concurso-oposición non suporá modificación nas prazas asignadas ó resto de aspirantes.

52. En ningún caso se poderá declarar que superou o concurso-oposición un número maior de aspirantes que o número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido neste apartado será nula de pleno dereito.

X. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS

53. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia a orde coa lista única de aprobados por especialidades, na forma prevista no punto 49 da presente orde.

54. No prazo de vinte días naturais, contado desde o seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas de aspirantes que superaron o concurso-oposición, estes deberán presentar na delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia na que se inscribiron, os documentos seguintes:

a) Fotocopia compulsada do título alegado para participar no proceso selectivo ou certificado de ter rematados os estudios. No caso de que a data do título ou certificado de estudios sexa posterior ó día no que rematou o prazo de solicitudes fixado na convocatoria deberá facerse consta-la data de terminación dos estudios.

b) Dúas fotocopias do número de identificación fiscal (NIF).

c) Os aspirantes que fixesen vale-la condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificación dos órganos competentes que acredite tal condición e deberán presentar tamén certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria na

que se acredite a compatibilidade co desempeño da función docente.

d) Peclaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

e) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ningunha nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

55. Excepcións. Os que teñan a condición de funcionarios de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou organismo do que dependan que acredite a súa condición e cantas circunstancias consten no seu expediente persoal.

Os que na data que se sinala para a presentación de documentos estean servindo escola con carácter de contratado ou interino deberán presentar folla de servicios certificada, consignando de modo expreso os seguintes datos:

a) Indicación do corpo ó que pertencen, número de rexistro de persoal e se se atopa en servicio activo.

b) Lugar e data de nacemento.

c) Título académico que posúe e data de expedición.

56. Os aspirantes que superasen os procesos selectivos e estean xa prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira, interinos, ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción de remuneración, durante a súa condición de funcionarios en prácticas, de conformidade co previsto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

57. Falta de presentación de documentos. Os que dentro do prazo indicado, e salvo casos de forza maior, non presenten a súa documentación, ou nela non se reflicta claramente que reúnen na data sinalada nesta convocatoria as condicións esixidas, non poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que poidan incorrer por falsidade na instancia de solicitude.

58. A Dirección Xeral de Persoal, de acordo coas necesidades do servicio, procederá a nomear funcionarios en prácticas ós integrantes das propostas das comisións.

A Dirección Xeral de Persoal poderá, por causa xustificada e por petición do interesado, concede-lo aprazamento da fase de prácticas.

Os aspirantes que resulten seleccionados quedan obrigados a incorporarse ós destinos que a Dirección Xeral de Persoal lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

No caso de non se incorporaren ós citados destinos no prazo que se estableza, entenderase que renuncian ó proceso selectivo, agás que se lles concedese o aprazamento da devandita fase de prácticas segundo o establecido no parágrafo anterior.

Se se incorporan serán nomeados funcionarios en prácticas.

XI. FASE DE PRÁCTICAS

59. Fase de prácticas.

Os aspirantes que resulten seleccionados deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo e terá por obxecto a valoración da súa aptitude para a docencia. A duración do dito período non poderá ser inferior a seis meses e a súa cualificación será a de «apto» ou «non apto».

Con esta finalidade nomearanse comisións, para o efecto, coa seguinte composición:

-Un inspector técnico de educación que será o presidente.

-Dous funcionarios do corpo de mestres, especialistas na área pola que superaron o proceso selectivo os aspirantes.

Quedarán dispensados da fase de prácticas os que prestasen servicios docentes como funcionarios de carreira en centros públicos durante un tempo mínimo de un curso escolar, sempre que o nomeamento fose expedido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Ministerio de Educación e Ciencia ou Comunidades Autónomas con competencias plenas en materia de educación, con asignación de número de rexistro persoal.

60. Os aspirantes declarados «non apto» perderán tódolos dereitos ó seu nomeamento como funcionarios de carreira por resolución motivada da autoridade convocante.

61. Desde o momento do nomeamento de funcionarios en prácticas ata o nomeamento como funcionarios de carreira, o réxime xurídico-administrativo dos opositores será o de funcionarios en prácticas, sempre que estiveran desempeñando un posto docente.

XII. NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS DE CARREIRA

62. Rematada a fase de prácticas, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aprobará o expediente do proceso selectivo e elevará a correspondente proposta de nomeamento como funcionarios de carreira do corpo de mestres ó Ministerio de Educación e Ciencia.

XIII. POSESIÓN E DESTINO DEFINITIVO

63. Destino en propiedade definitiva. Os profesores ingresados en virtude deste proceso selectivo obterán o destino definitivo, no seu día, polo procedemento ordinario, acudindo con carácter forzoso ó concurso xeral de traslados.

64. Aqueles mestres que resultasen seleccionados deberán obte-lo seu primeiro destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

65. A lista xeral de seleccionados da Comunidade Autónoma de Galicia formarase por orde de puntuación acadada, con aproximación ata as dez milésimas. En caso de empate decidirá o establecido no punto 49 da presente orde de convocatoria.

SEGUNDA.-CONVOCATORIA PARA A ADQUISICIÓN DE NOVAS ESPECIALIDADES

I. NORMAS XERAIS

1. Ábrese a convocatoria para que os funcionarios de carreira do corpo de mestres directamente dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poidan adquirir de acordo co título III do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, novas habilitacións para o exercicio das especialidades que a continuación se sinalan:

Educación preescolar.

Filoloxía, língua castelá e inglés.

Filoloxía, lingua castelá e francés.

Educación física.

Educación musical.

Educación especial-audición e linguaxe.

Educación especial-pedagoxía terapéutica.

A este procedemento, no non previsto nesta convocatoria, seralle de aplicación o disposto na convocatoria do concurso-oposición.

2. Os órganos de selección para este procedemento serán os mesmos ós que se refire o punto 21 da presente orde e exercerán respecto deste procedemento as mesmas funcións que se enumeran no punto 33.

II. SISTEMA DE HABILITACIÓN

3. Conforme co disposto no artigo 40 do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, o sistema de habilitación consistirá na realización dunha proba que terá por obxecto valorar tanto os cofiecementos sobre a materia como os recursos didácticos e pedagóxicos dos candidatos. Esta proba dividirase en dúas partes:

1ª parte: o contido de carácter práctico e que se axustará, para cada especialidade, ó disposto no anexo V desta orde. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais ou, se é o caso, pola comisión de selección.

2ª parte: Constará da exposición oral dun tema da especialidade á que se opta, elixido polo candidato entre catro extraídos ó azar dos que compoñen a parte A do temario publicado pola Orde do 9 de setembro de 1993 (BOE do 21); a exposición terá dúas partes. A primeira delas versará sobre os aspectos científicos do tema. Na segunda o opositor deberá facer referencia á relación do tema co currículo oficial do ámbito educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e desenvolverá un aspecto didáctico do mesmo aplicado a un determinado nivel previamente establecido por el. Finalizada a exposición, o tribunal poderá realizar un debate co candidato sobre o contido da súa intervención.

A exposición e debate referidos no parágrafo anterior terán unha duración máxima, respectivamente, de unha hora e quince minutos. O aspirante disporá de dúas horas para a súa preparación e poderá utilizar nela o material que coide oportuno.

III. REQUISITOS DOS CANDIDATOS

4. Para ser admitido ó procedemento de habilitación, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

Ser funcionario de carreira do corpo de mestres, con destino no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

No caso de funcionarios en situación de excedencia voluntaria, dos adscritos a postos da función inspectora e dos adscritos a prazas no exterior ou análogos, o cumprimento deste requisito entenderase referido ó último centro de destino inmediatamente anterior.

Estes requisitos deberán posuírse no día da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

IV. SOLICITUDES

5. Forma. Aqueles que desexen tomar parte neste procedemento deberán facelo constar na instancia, conforme o modelo oficial, que lles será facilitado gratuitamente nas delegacións provinciais de cada provincia e na Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6. Órgano ó que se dirixen. As solicitudes dirixiranse ó director xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

7. Lugar de presentación. A presentación de solicitudes (exemplar número 1 «exemplar que deberá presenta-lo interesado» do modelo de solicitude), farase na delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia que se corresponda coa consignada no recadro 1.3 da mesma.

Así mesmo, poderán presentarse nas oficinas a que se refire o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Estas oficinas veñen obrigadas, dentro das vintecatro horas a partir da súa presentación, a cursa-las instancias recibidas á delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia consignada no recadro número 1.3 da instancia.

As solicitudes subscritas polos españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo sinalado no número 8 da presente base IV, a través das representacións diplomáticas ou consulares españois correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente. O interesado xuntaralle á solicitude o impreso de autoliquidación sinalado no anexo II.

8. Prazo de presentación. O prazo será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

9. Erros nas solicitudes. Os erros materiais, de feito ou aritméticos, que puideran advertirse pode

ranse reparar en calquera momento, de oficio ou a petición do interesado, conforme o determina o artigo 105.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

V. ADMISIÓN DE ASPIRANTES

10. A este respecto élle de aplicación a esta convocatoria de adquisición de novas especialidades a base V, números 16, 17, 18 e 19 da convocatoria do concurso-oposición para o ingreso no corpo de mestres que conxuntamente se leva a cabo pola presente orde.

VI. TRIBUNAIS

11. Naquelas especialdades nas que o número de aspirantes o aconselle, a Dirección Xeral de Persoal poderá nomear tribunais específicos que valorarán as probas desta convocatoria e ós que, para o non establecido na presente base, lles serán de aplicación os números 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 31 e 32 da base V das que rexen a convocatoria do concurso-oposición a ingreso no corpo de mestres.

12. Funcións dos tribunais. Correspóndelles ós tribunais:

A valoración dos coñecementos propios e específicos do ámbito cultural, científico ou artístico da especialidade ós que se refiren os ártigos 23 e 40 do Real decreto 850/1993.

A elaboración das listas dos aspirantes que sexan declarados «aptos».

A elevación das listas a que se refire o parágrafo anterior ó órgano convocante.

No desenvolvemento do proceso, os tribunais resolverán tódalas dúbidas que puideran xurdir en aplicación destas normas, así como o que debe facerse nos casos previstos.

VII. COMEZO E DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS

13. O comezo e desenvolvemento das probas realizarase de conformidade co disposto na base VI da convocatoria do concurso-oposición para o ingreso no corpo de mestres.

VIII. CUALIFICACION

14. Valoración da proba. Os tribunais valorarán a proba como «apto» ou «non apto», e obterán a nova ou novas especialidades unicamente os aspirantes cualificados con «apto».

15. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia a orde coa lista única de aspirantes que acadaron unha nova especialidade.

Publicada a antedita lista, as delegacións provinciais expediranlles ós interesados a credencial de habilitación.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO IV

Programa de lingua galega nas oposicións de primaria

Tema 1. Formación da lingua galega. Niveis de lingua e tratamento escolar.

Tema 2. A realidade actual da lingua: estatus legal e escolar. A normalización lingüística no ensino.

Tema 3. Particularidades fonéticas, morfosintácticas e léxicas do galego en relación coas linguas limítrofes. Tratamento escolar das interferencias.

Tema 4. Vocalismo e consonantismo.

Tema 5. O texto. Temas e subtemas. Esquema oracional. Oración simple e composta. Coordinación e subordinación.

Tema 6. O substantivo e o adxectivo. Oracións subordinadas substantivas. Oracións subordinadas adxectivas.

Tema 7. Pronomes persoais. Formas, funcións e colocación con respecto ó verbo.

Tema 8. Artigos, posesivos, demostrativos, numerais, indefinidos e interrogativos.

Tema 9. O verbo. Verbos irregulares. A perífrase.

Tema 10. Adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións. As oracións subordinadas adverbiais.

ANEXO V

O exercicio práctico ó que fai referencia o punto 40.2 da presente orde de convocatoria desenvolverase por escrito coa duración que establezan os tribunais ou, se é o caso, as comisións de selección.

EDUCACIÓN PREESCOLAR.

Poderá versar sobre un ou varios dos aspectos seguintes:

-Etapas máis significativas no desenvolmento do neno de 0 a 6 anos.

-Correntes pedagóxicas e psicolóxicas e influencia na educación infantil.

-Conceptos básicos que debe domina-lo neno previos á lecto-escritura.

-Metodoloxía sobre a prelectura e a preescritura.

-Resolución ou fundamentación teórica de un caso práctico proposto polo tribunal.

E.E. PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA.

Poderá versar sobre un ou varios dos aspectos seguintes:

-Organización da integración escolar nun centro ordinario que escolariza alumnos con necesidades educativas especiais.

-Características fundamentais do proxecto curricular de un centro específico de educación especial.

-Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares.

-Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

E.E. AUDICIÓN E LINGUAXE.

Poderá versar sobre un ou varios dos aspectos seguintes:

-Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

-Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares.

-Bases anatómicas, fisiolóxicas e neurolóxicas da linguaxe.

-A estimulación precoz na adquisición e desenvolvemento da linguaxe.

-Sistemas alternativos de comunicación.

FILOLOXÍA INGLESA.

Incluirá:

-Traducción directa.

-Traducción inversa.

FILOLOXiA FRANCESA.

Incluirá:

-Traducción directa.

-Traducción inversa.

EDUCACIÓN FÍSICA.

Incluirá:

-Resolución de un ou varios supostos prácticos elaborados polo tribunal. Os ditos supostos versarán sobre os temas do apartado A do temario e/ou sobre os bloques de contidos da educación física na educación primaria.

EDUCACIÓN MUSICAL.

Constará de dúas partes:

a) Escrita, que deberá incluír:

-Composición dunha peza vocal e instrumental para utilizar na aula, sobre un texto dado polo tribunal.

-Composición libre dunha peza musical, xustificando a súa adaptación ó estadio madurativo dos alumnos.

-Análise dun fragmento musical de tipo folclórico

b) De interpretación:

-Lectura dun fragmento musical seleccionado polo tribunal.

-Interpretación, coa voz ou cun instrumento aportado polo opositor, dun fragmento musical sobre unha partitura seleccionada polo tribunal.