Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanizacion parcial da rúa Diego Sarmiento e transversal de nova apertura na zona 4 do SU-20.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 9 de marzo de 1995, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización parcial da rúa Diego Sarmiento e transversal de nova apertura, zona 4 do SU-20, por instancia de Manuel Gómez Delgado, en representación de Gómez P., S.L. cos condicionamentos de carácter técnico establecidos no informe do servicio eléctrico con data 13 de febreiro de 1995.

Anúnciase a exposición ó público do dito proxecto nas oficinas do Departamento de Xestión e Promoción Urbana, en conformidade co establecido no artigo 117.3º do Real decreto legislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Ourense, 23 de marzo de 1995.

Manuel Veiga Pombo

Alcalde de Ourense