Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.648

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de bioquímica e bioloxía molecular, do departamento de Bioloxía Fundamental, a Lorenzo Miguel Pastrana Castro.

Consonte coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo de data 23 de maio de 1994 (BOE do 10 de xuño), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de bioquímica e bioloxía molecular, do departamento de Bioloxía Fundamental, da Universidade de Vigo, a prol de Lorenzo Miguel Pastrana Castro, DNI nº 36.056.409, e cumprindo o interesado os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Lorenzo Miguel Pastrana Castro profesor titular de universidade da área de coñecemento de bioquímica e bioloxía molecular, do departamento de Bioloxía Fundamental desta universidade.

Este nomeamento surtirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, a contar desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de marzo de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo