Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.603

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1995 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II, a José Ramón Cancelo de la Torre.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso de méritos, convocado por resolución desta universidade, do 30 de xuño de 1994 (BOE do 27 de xullo) para a provisión da praza número 036/1994 de catedrático de

universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II desta universidade, a favor de José Ramón Cancelo de la Torre, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Ramón Cancelo de la Torre, catedrático de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II desta universidade.

A Coruña, 6 de marzo de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña