Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.593

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4.034 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Lugo, r/ Ciudad de Viveiro, 4-1º, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. en edificio r/ San Roque, 89-91 en Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de baixa tensión subterránea a 380 V, cunha lorixitude de 50 metros e conductor 3(1x95)+1x70 mm Al, en Lugo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 20 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo