Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 1995 Páx. 2.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 29 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se somete ó trámite de información pública o levantamento de actas previas correspondentes ó expediente 2.675 A.T.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en

materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 386/1994 (Diario Oficial de Galicia nº 250, do 29 de decembro) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no BOP de Lugo do 10-4-1992 faise saber a tódolos afectados, pola execución dos proxectos que a seguir se indican, propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo-Cidade de Viveiro, 4.

Reelectrificación de Trabanca, Outeiro de Rei, expediente número 2.675 A.T.

Que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo ó levantamento das actas previas a ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 10-4-1992 e expostas nos taboleiros oficiais das casas do concello e no desta delegación provincial, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14.

Advírtese os interesados afectados, que serán, ademais, notificados individualmente, sinalándolles o día e hora para o levantamento das actas, que poderán formular alegacións por escrito perante esta delegación ata o momento de levanta-las mesmas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 29 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo