Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, en solicitude de
autorización para instalar L.M.T., Subt. e C.T. en edificio A Piúnca, r/ Carrero Blanco, Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
0 delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11 así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 250 metros desde o C.T. Ceide ó C.T. Piúnca. Liña media tensión subterránea de 170 metros de lonxitude desde o C.T. Carrero Blanco, nº 238 e C.T. Piúnca. Centro de transformación 2x400 kVA 20.000±5%, 380-230 V, en Lugo.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 24 de xaneiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo