Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., Subt. e C.T. en edificio Núñez, rúa Santo Domingo, 24, Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de
outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11 así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, cable 1x240 mm Al, 15/25, Eprotenax. Centro de transformación 1x400 kVA±5%, 398-230 V, en Lugo.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 24 de xaneiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo