Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 1995 Páx. 2.568

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4.035 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentados ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2.634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Execución da obra civil para as liñas de M.T. A Ponte Pallaregas-C.T. Covas e C.T. Motel, torre metálica, na L.M.T. Escourido, nos concellos do Vicedo e Viveiro.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na

Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e o seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 2 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo