Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincia] por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2.634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:
Liña de media tensión 20 kV, conductor LA-30, apoios de formigón e torres metálicas, orixe na L.M.T. ó C.T. arbol e final no C.T. Carregal de Abaixo, cunha lonxitude de 710 metros. Centro transformación 50 kVA e 20.000-10.000, 380/220 V, torre metálica. Red de baixa tensión, apoios de formigón e conductores R.Z.-25-50, para a mellora da subministración en Carregal, parroquia de Arbol, concello de Vilalba.
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e o seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.
Lugo, 8 de febreiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo