Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.514

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4.042 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º en solicitude de autorización para instalar C.T. edificio Rodabell, S.A. acceso Aluminio Español, S. Cibrao, Cervo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

0 delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 83 metros. Centro de transformación de 400 kVA 20.000±5%, 398-230 V, para dar servicio ó complexo Aluminio Español e outros abonados da zona en San Cibrao, Cervo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 20 de xaneiro 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo