Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.506

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de marzo de 1995 pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de febreiro de 1995 polo que se modifican as condicións da concesión definitiva outorgada a Radio Faro, S.A. para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Marín (Pontevedra).

O Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro da Presidencia, e Administración Pública, na súa reunión do día dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco, adoptou un acordo polo que se modifican as condicións da concesión definitiva outorgada a Radio Faro, S.A. para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Marín (Pontevedra).

De acordo co disposto nos artigos 10 e 15 do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, faise público o citado acordo.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Acordo do 16 de febreiro de 1995, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se modifican as condicións da concesión definitiva outorgada a Radio Faro, S.A. para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Marín (Pontevedra).

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de decembro de 1992, publicado no Diario Oficial de Galicia número 27, do 10 de febreiro de 1993, mediante Orde do 11 de xaneiro de 1992 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, outorgouse, entre outras, a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Marín (Pontevedra), a Radio Faro, S.A., de acordo coa normativa aplicable, no que se fan consta-las características técnicas da citada emisora.

A Dirección Xeral de Telecomunicacións variou as características técnicas correspondentes á devandita concesión logo de solicitude de cambio de localización da dita emisora formulada por Radio Faro, S.A.

Tendo en conta o informe da Secretaría Xeral de Comunicación, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, a teor do que se dispón no artigo 15 do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras en ondas métricas con modulación de frecuencia, modificado polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, o Consello da Xunta de Galicia,

ACORDA:

Primeiro.-Modifica-las características técnicas da emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia outorgada a Radio Faro, S.A. en Marín (Pontevedra) por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de decembro de 1992, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 27, do 10 de febreiro de 1993, mediante Orde do 11 de xaneiro de 1993 da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Segundo.-As características técnicas que se lle asignan á mencionada emisora son as seguintes:

Coordenadas: 42º 28' 00" N; 08º 42' 37" W.

Cota (m): 516.

Denominación da emisión: 256KF8EHF.

Frecuencia (MHz): 98,7.

Potencia radiada aparente máxima (W): 2.000 (para 170º).

Potencia máxima nominal do equipo transmisor (W): 250.

Potencia de saída autorizada do equipo transmisor (W): 250.

Sistema radiante: 1 Antena yaqui de 7 elementos. Gmax. 9,85 dB Sector (150º-190º).

Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 29.

Altura do mastro (m): 30.

Altura efectiva máxima (m): 524.

Polarización: vertical.

A frecuencia queda condicionada, se é o caso, ó trámite da coordinación internacional.