Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.504

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

DECRETO 93/1995, do 31 de marzo, polo que se dispón que cese, por petición propia, José Santiago Camba Bouzas, como director xeral de Xuventude.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Familia, Muller e Xuventude e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, José Santiago Camba Bouzas, como director xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, agradecéndolle os servicios prestados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude