Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.504

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

DECRETO 91/1995, do 31 de marzo, polo que se dispón que cese Amancio Landín Jaráiz, como delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (Pontevedra).

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Amancio Landín Jaráiz, como delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (Pontevedra), agradecéndolle os servicios prestados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da dita publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura