Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do Plan Parcial para a Ordenación do Parque Empresarial de Campiño.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do día vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e cinco, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Prestar aprobación inicial á modificación do Plan Parcial do Parque Empresarial do Campiño, promovida e formulada por Xestur Pontevedra, S.A., co fin de adecua-lo parcelario á realidade física da urbanización do parque, mante-las porcentaxes de ocupación e determinar -a iniciativa desta Administración municipal- unha parcela con destino a equipamento público municipal.

Segundo.-Someter a información pública o expediente incoado e proxectos mencionados durante un

prazo de un mes, mediante a publicación de anuncios no taboleiro de edictos da Casa do Concello, un dos periódicos de maior circulación provincial, Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia -computándose o devandito período a partir desta última publicación- podendo calquera interesado examinar no concello a referida documentación e formula-las alegacións pertinentes.»

Durante o prazo de un mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo procedemento inicialmente aprobado na Unidade de Fomento deste concello (rúa Dona Teresa) e formula-las alegacións que coide procedentes.

Pontevedra, 1 de marzo de 1995.

Francisco Javier Cobián Salgado

Alcalde