Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia unha asistencia técnica polo procedemento de concurso público, para a realización dunha enquisa domiciliaria e a gravación da información necesaria para a emisión da tarxeta sanitaria.

Advertido erro no texto publicado da citada resolución relativa á realización dunha enquisa domiciliaria e a gravación da información necesaria para a emisión da tarxeta sanitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 59, do 24 de marzo de 1995, nas páxinas 2.257 e 2.258, transcríbese a continuación a oportuna rectificación:

-No parágrafo V, onde di: «Clasificación: grupo I, subgrupo III e categoría C», debe dicir: «clasificación: grupo I, subgrupo 3 ou 4, categoría C».

-Os prazos para a presentación de ofertas computaranse a partir do día seguinte ó da publicación da presente corrección no DOG.