Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico no concello de Mondoñedo. (Expediente 4.265 A.T.)

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico coas seguintes características:

Peticionario: Hidroener, S.A. Rúa Ribadeo, 2, entlo. Lugo.

Situación: Mondoñedo.

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (4.809.000, 626.400);

V (4.809.000, 628.000);

V (4.807.450, 629.500);

V (4.807.650, 631.000);

V (4.807.250, 631.000);

V (4.806.000, 629.000);

V (4.806.450, 627.350);

V (4.808.400, 627.850);

V (4.808.800, 626.500).

Características principais:

Número de aeroxeradores: 23.

Potencia unitaria (kW): 330 kW.

Potencia total instalada (mW): 7,59 mW.

Altura das torres (m): 31 metros.

Diámetro das pas (m): 30 metros.

Producción anual estimada (mW/h): 18.595 mW/h.

Investimento: 590.830.915 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formularse contra el as reclamacións que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 8 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo