Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en acción extraordinaria do día trece de febreiro de 1995, acordou inicia-lo expediente de expropiación-sanción do predio propiedade da sociedade Comezo 89, S.A., no Paxonal.

En cumprimento do disposto no artigo 197 do Regulamento de Xestión Urbanística en relación co artigo 17 da Lei de expropiación forzosa, o Concello expón ó público o referido proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo dos quince días que seguen á publicación desta anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e na prensa local, os interesados poidan formula-las alegacións que coiden oportunas.

O presente edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente o trámite de información pública.

Nº do predio: 3

Titular: Comezo 89, S.A.

Enderezo: Padre Rubio, 46, Madrid.

Superficie que se vai expropiar: 29.853,51 m.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1995.

Pedro Antonio Fernández Fernández

Concelleiro-delegado de Urbanismo