Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-284/1993 e tres máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1.-Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo de un mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordi

nario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2.-O importe da sanción, así como o da indemnización, se fará efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase o seu cobro pola vía de constrinximento.

3.-O rescate do comisado, no caso de que se trate de útiles de uso lícito, poderá obterse logo de pago da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 15 de febreiro de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra