Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.358

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 19 de xaneiro de 1995 pola que se integra no Colexio Público Rural Agrupado de Gondomar o centro de educación preescolar de Ervillas (Gondomar).

Advertido erro na orde que se cita, publicada no DOG do 14 de febreiro de 1995, cómpre efectua-la correspondente rectificación:

Na páxina 1.210, colexio Público Rural Agrupado de Gondomar (Pontevedra), onde di: «código do centro 360210000», debe dicir: «Código do centro 36018987». Onde di: «intégrase neste centro de educación preescolar de Ervillas», debe dicir: «intégrase no C.P.R.A. o centro de educación preescolar de Ervillas».

O posto de traballo de ciclo inicial e medio da localidade de Vilas-Morgadáns, dado que foi suprimido por Orde do 15 de marzo de 1993 (DOG do 16 de abril), non debe figurar, polo tanto o C.P.R.A. queda constituído por 7 unidades (6 de preescolar/infantil e 1 de EXB) e por 8 postos de traballo.