Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.334

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (246/1990).

Camilo José García Puertas y Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de xuízo executivo número 246/1990, seguido neste xulgado, se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia. En Santiago de Compostela o nove de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo número 246/1990, promovidos por Caixa de Aforros de Galicia e defendido polo letrado, contra Manuel Botana Castro, Benedicta Penas Rial, Francisco Espeta Campos, Dulce María Mosquera Freire, Alejandro Marcuño Blanco e Manuel Carballal Pazos, declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

E da que a parte dispositiva di: que debo mandar e mando segui-la execución adiante, ata facer remate nos bens embargados e que no sucesivo poidan embargárselle ó debedor Manuel Botana Castro, Benedicta Pena Rial, Francisco Estepa Campos, Dulce María Mosquera Freire, Alejandro Marcuño Blanco e Manuel Carballal Pazos, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor da cantidade de 5.947.079 pesetas en principal, máis 2.300.000 pesetas calculadas, sen prexuízo de liquidación definitiva, para gastos e custas causadas e que se causen, as cales expresamente lle impoño á parte demandada. Líbrese e únaselles certificación desta resolución ás actuacións, incluíndose a orixinal no libro de sentencias. Contra esta resolución cabe interpoñer perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días. Así por esta miña sentencia, que lles será notificada ós demandados na forma e modo que a lei prevé para os rebeldes, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para a súa presentación no DOG, co fin de que lles sirva de notificación en forma ós demandados Francisco Estepa Campos e Dulce María Mosquera Freire, libro este edicto en Santiago de Compostela o vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado