Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.329

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña; pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Arborum, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo de Arborum, S.A., que tivo entrada nesta

delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 27-2-95, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo Comité de Empresa o día 31-1-95, e de conformidade co disposto no xa citado corpo legal, artigo 90.2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2.412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do

Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro: ordena-la súa publicación no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo: ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.)

Terceiro: dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de marzo de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Acta de acordo da comisión paritaria do convenio

colectivo de empresa Arborum, S.A.

Sendo as 16.30 horas do día 31 de xaneiro de 1995, nos locais de Arborum, S.A., no polígono industrial do Tambre, en Santiago de Compostela, reúnense as persoas a seguir relacionadas, integrantes da comisión paritaria do convenio da empresa de Arborum, co obxecto de acadar un acordo sobre regularización dos conceptos económicos do ano 1995, de acordo co establecido no convenio da empresa, que con vixencia ata o 31 de decembro de 1995, foi subscrito por ámbalas partes con data 29-12-94.

Parte social:

En calidade de delegados de persoal:

1. José Manuel Calvelo Maza. DNI 33.208.810

2. Manuel Casal Ramos. DNI 33.155.940

Parte empresarial:

1. Manuel Hombre Lago. DNI 33.207.402

2. Ramón Lois Lorenzo. DNI 34.602.553

Tralas consideracións que se coidaron oportunas formuladas por cada unha das partes, a comisión paritaria do convenio adopta, por unanimidade, os seguintes acordos:

Primeiro. Establecido polo Instituto Nacional de Estatística o indice de Prezos ó Consumo (IPC) acumulado do ano 1994, en 4,3 puntos, e pactado un incremento salarial en convenio do 5% para o dito ano, produciuse un incremento real en tódolos conceptos retributivos de 0,7 puntos.

Segundo. O incremento do 5% aplicado para o ano 1994 estableceuse tomando como referente unha inflación estimada do 4,5%, garantindo, en todo caso, un incremento igual ó IPC real máis medio punto porcentual para o primeiro ano de vixencia.

Como queira que o IPC acumulado de decembro foi do 4,3%, produciuse un incremento de 0,2 puntos porcentuais sobre a estimación prevista, tomándose, en función do acordado, como incremento a conta do aumento correspondente a 1995.

De acordo co establecido no apartado nº 2 do artigo 25 do convenio, e unha vez que o Goberno fixou o seu obxectivo de inflación no 3,5%, procede aplicar un incremento salarial para o ano 1995 do 4,8% o que supón acadar un incremento económico de un punto e medio sobre o IPC previsto.

Todo iso sen prexuízo das regularizacións que ó final do ano 1995 se establecen no citado artigo 25, coa finalidade de obter un aumento de 2 puntos porcentuais sobre o IPC real acumulado dos dous anos de vixencia do convenio colectivo.

Terceiro. O presente acordo de regularización de conceptos económicos inicia os seus efectos o primeiro de xaneiro de 1995 para o persoal que nesa data integrase o cadro de persoal da empresa.

Cuarto. As contías dos salarios son os recollidos no anexo que se achega á presente acta, unha vez aplicado o incremento do 4,8% correspondente ó ano 1995.

Igual incremento se aplicará ós complementos «ad personam».

Quinto. A mellora social prevista no artigo 15 do convenio fíxase en 425 pesetas.

Sexto. Delegar en Ramón Lois Lorenzo para que presente esta acta e o seu anexo na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, co fin de que se lle dea o trámite oportuno, incluída a súa remisión ó S.M.A.C. e a publicación no Boletín Oficial da provincia.

E en proba de conformidade, ratificando en tódolos seus extremos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.