Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 1995 Páx. 2.269

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 6 de marzo de 1995 pola que se convoca e se regula o réxime de concesión de axudas a empresas ou asociacións de empresas para a realización de investigacións mineralúrxicas e xeolóxico-mineiras encamiñadas ó mellor coñecemento e aproveitamento dos recursos obxecto de explotación para 1995.

A pesistente baixa nas cotizacións dalgúns dos metais explotados tradicionalmente na Comunidade Autónoma é causa da paralización dos traballos de extracción destes, cos conseguintes problemas que isto trae consigo. Ó mesmo tempo, outras substancias minerais de coñecida existencia, algunhas delas no

noso subsolo, están adquirindo importancia ó se acrecentaren as súas aplicacións como materias primas.

O desenvolvemento tecnolóxico esixe unha maior calidade das materias primas, especialmente daquelas que se incorporan a procesos de novas tecnoloxías e, para acadalo, cómpre mellorar e crear novos procesos e productos de especificacións moi esixentes; para isto é imprescindible que as empresas mineiras acometan investigacións de alto risco, tanto para a creación de novas tecnoloxías, como de recoñecemento de novos depósitos, o que incidirá na creación dunha nova minería que vaia substituíndo a tradicional.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Con cargo á aplicación orzamenlaria 08.02.641-1.770.00 «Transferencias de capital. Empresas privadas. Fomento da investigación mineira, augas e explotación de lousas», establécense axudas económicas para aquelas empresas privadas ou asociacións de empresas constituídas que realicen investigacións dos recursos mineiros ou enerxéticos dentro das seguintes áreas de aplicación:

a) Investigacións tecnolóxicas para definir novos procesos de explotación, tratamento e elaboración, mellora de productos e obtención de novos productos.

b) Investigación de depósitos mineiros.

c) Aplicación de novas tecnoloxías e incorporación de equipos innovadores nos procesos de explotación, tratamento e elaboración.

d) Estudios sobre a minería.

Artigo 2º

A contía das subvencións poderá acadar ata o 75% do investimento real para a investigación mineralúrxica e investigación xeolóxico-mineira e ata o 100% no caso de estudios.

Artigo 3º

As solicitudes, dirixidas ó conselleiro de Industria e Comercio, presentaranse no rexistro xeral das delegacións provinciais, no dos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio ou a través dalgunha das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dentro dos 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4º

1. As solicitudes axustaranse ó modelo que figura como anexo e deberanse presentar por triplicado exemplar, acompañadas dos seguintes documentos:

a) Acreditación de cumpri-los termos recollidos no artigo 1º desta orde.

b) Copia cotexada do NIF ou do CIF.

c) Proxecto de investigación ou estudio, segundo

o caso, incluíndo unha memoria descritiva da actividade a desenvolver, finalidade e prazo de execución.

d) Declaración de axudas solicitadas, obtidas ou que se prevé solicitar para o mesmo investimento en calquera outra institución, organismo ou Administración pública.

e) Certificado expedido polo delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de inscrición no Rexistro Industrial e a súa actualización, cando proceda.

f) Declaración expresa de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia e de estar ó corrente nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

2. O proxecto de investigación deberá constar, como mínimo, dos seguintes apartados:

a) Finalidade da investigación proxectada.

b) Descrición dos traballos que se realizarán. As investigacións xeolóxico-mineiras incluirán un plan detallado dos traballos de investigación.

c) Medios técnicos e humanos para a súa realización.

d) Tempo previsto para a execución da investigación.

e) Orzamento de gastos, excluíndo investimentos en equipamentos ou maquinaria para a realización do estudio, agás equipos específicamente deseñados para a realización do traballo de investigación mineralúrxica.

O importe mínimo que se preverá para o investimento da investigación xeolóxico-mineira fíxase en 10.000.000 de ptas., agás no caso de proxectos de especial interese.

f) A información básica obtida polo solicitante que demostre a posible viabilidade de investigación que se considera, con expresión do coñecemento actual do depósito, no caso de investigación xeolóxico-mineira.

g) Toda aquela información que o solicitante da subvención coida de interese para engadir ó proxecto.

Artigo 5º

Se a solicitude de subvención non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior o interesado será requirido para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou aporte os documentos preceptivos, con indicación de que, se non fixera, considerarase desistido na súa petición, que se arquivará sen máis trámites.

Examinada a documentación e unha vez emitido o correspondente informe técnico, o conselleiro de Industria e Comercio ou o delegado provincial, consonte co establecido no Decreto 88/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias para a concesión de axudas e subvencións nos delegados provinciais ou territoriais da Xunta de Galicia, dictará a resolución que proceda.

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada polo beneficiario no prazo de quince días, coas condicións específicas que recolle esta orde e as que, se é o caso, se inclúan na resolución.

Artigo 6º

Os criterios que servirán de base para avalia-la prioridade das peticións presentadas serán os seguintes:

a) Minerais que presenten un claro futuro nas súas aplicacións ou demanda.

b) Que os traballos de investigación mineralúrxica se desenvolvan en colaboración cos laboratorios mineralúrxicos de Galicia.

c) Factores de carácter social da zona onde teña aplicación a investigación proxectada.

d) Melloras que, como consecuencia da investigación tecnolóxica, se poidan introducir nas instalacións de tratamento e/ou nos productos.

e) Nos proxectos de investigación xeolóxico-mineira, aqueles que investiguen dereitos mineiros da sección C e teñan claras expectativas de apertura dunha nova explotación mineira a curto prazo.

Artigo 7º

A non notificación da resolución do prazo de tres meses desde a presentación da correspondente solicitude determinará a súa desestimación presunta, quedando expedita a vía contencioso-administrativa.

Artigo 8º

Para o pagamento das axudas indicadas será indispensable a presentación antes do 31 de outubro de 1995, ante a delegación provincial correspondente, de tres exemplares da memoria final e o custo dos traballos realizados, para o seu exame e análise, onde se sinalen as conclusións derivadas da realización do proxecto, xunto con xustificantes debidamente acreditados do investimento realizado.

No caso de que os investimentos sexan traballos propios para o inmobilizado, este investimento deberá ser inspeccionado e certificado por persoal técnico da Consellería de Industria e Comercio.

No caso de investigación xeolóxico-mineira, incluirase unha xustificación valorada da viabilidade de esplotación do depósito.

Os servicios técnicos da Consellería de Industria e Comercio analizarán a memoria xustificativa e se ó seu xuízo se realizou cos niveis de calidade esixidos e os investimentos están debidamente acreditados, proporá o pago da subvención, que será proporcionalmente inferior á subvención outorgada se non se xustifica a totalidade do proxecto.

Os órganos competentes da Consellería de Industria e Comercio poderán solicita-las aclaracións ou informes, que se consideren convenientes e, no caso de non ser remitidos polo beneficiario dentro do prazo que se lle sinale, considerarase que renuncia á subvención.

Artigo 9º

Para o libramento e posterior pagamento da subvención uniráselle á documentación que se sinala no artigo anterior certificación da conta bancaria onde debe realizarse o pago, expedida pola propia entidade bancaria, así como os certificados acreditativos de estar ó corrente nas obrigas tributarias e sociais e de non ter pendente de pago ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 10º

No caso de que o investimento ou a actividade realizada tivese un custo inferior ó inicialmente previsto, a subvención que se conceda verase diminuída nunha porcentaxe proporcional.

Cando por concorrencia de subvencións ou axudas, a o importe total subvencionado exceda do custo da actividade que vaia desenvolve-lo beneficiario ou da porcentaxe máxima establecida nesta orde, procederá o reintegro do exceso percibido á Administración autonómica, sen prexuízo doutras responsabilidades que puideran derivarse.

Artigo 11º

Poderán autorizarse pagos parciais cos requisitos sinalados no artigo 35 da Lei 6/1994, do 26 de decembro, de orzamentos xerais para a Comunidade Autónoma para 1995, non podendo superar en ningún casoa o 80% da subvención concedida.

Con carácter excepcional e por resolución motivada poderanse autorizar anticipos de ata o 50% da subvención naqueles casos en que o investimento requira pagos inmediatos.

Artigo 12º

No caso de que o benericiario das subvencións incumprira algunha das condicións ou obrigas estipuladas, a Consellería de Industria e Comercio instruirá expediente sancionador conforme o previsto na citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Procederá o reintegro da axuda e dos intereses de demora nos supostos previstos no apartado 5 do artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. As cantidades a reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e resultará de aplicación para o seu cobro o previsto nos artigos 19 a 23 da citada lei.

Artigo 13º

No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas procederase conforme o artigo anterior.

Artigo 14º

Con independencia do establecido na presente orde, en todo caso considerarase o disposto na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei 6/1994, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1995 e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Industria para que dicte as disposicións oportunas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio