Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.196

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 23 de febreiro de 1995 polo que se convoca a praza de xuíz de paz substituto de Malpica de Bergantiños.

Ó non elixi-lo Concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña) xuíz de paz substituto da dita localidade, convócase para que, no prazo de 1,5 días computados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia cantos teñan interese en aspirar ó cargo de xuíz de paz substituto de Malpica de Bergantiños (A Coruña), dirixan unha instancia á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, facendo consta-lo seguinte:

1º) Nome, apelidos, idade, profesión e domicilio.

2º) Se desempeñou o cargo de xuíz de paz ou substituto.

3º) Méritos que coide pode facer valer.

O que se fai público en cumprimento do acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para coñecemento de cantos teñan interese en solicita-la indicada praza.

A Coruña, vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Vicente Fernández Riera

Secretario de Goberno