Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:
-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 de 3(1x150) mm Al, de 525 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Fonte Douro (expte. 7.269) e remate en C.T. Galivén r/ Galeras.
-Centro de transformación en edificio prefabricado de formigón, de 2.000 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en edificio Galivén. Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características
se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 13 de febreiro de 1995.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña