Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.124

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000062/1995 interposto por Sergio Quintairos Domínguez.

O 23 de febreiro de 1995, a Dirección Xeral da Función Pública recibe da sala do contencioso-administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000062/1995 interposto por Sergio Quintairos Domínguez contra ordes das consellerías da Presidencia e Administración Pública e da de Economía e Facenda de 25-10-94, sobre modificación da relación de postos de traballo persoal de corpos e escalas Lei 17/1989.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública