Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Fenosa.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 8 da L.M.T. Atios-Puxeiros ata o C.T. de Madeiras Iglesias, concello de Vigo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T. soterrada, a 20 kV, de 470 m de lonxitude con conductores RHV.
Orzamento: 5.123.277 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 21 de febreiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra