Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.102

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente 3.821-A.T).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA) con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. e C.T. edificio Prom. Jucasa, S.A. r/ Primavera I (Lugo), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Begasa a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV., cunha lonxitude de 110 metros, cable Eprotenax, 1x150 mm Al ó C.T. r/ Primavera I. Liña de media tensión subterránea a 20 kVA., cunha lonxitude de 160 metros cable Eprotenax 1x150 mm Al. al C.T. Hortas. Centro de transformación, de 2x400 kVA. 20.000±5%, 380/220 V.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 26 de outubro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo