Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.100

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de marzo de 1995 pola que se aproba o temario que rexerá nos procedementos de ingreso, adquisición de novas especialidades e mobilidade para a especialidade de lingua galega e literatura do corpo de profesores de ensinanza secundaria.

O Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, polo que se regula o ingreso e a adquisición de especialidades nos corpos de funcionarios docentes a que se refire a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece un novo sistema de acceso que pon fin ó procedemento previsto na disposición transitoria quinta da mesma lei para as tres primeiras convocatorias posteriores á súa promulgación.

A fase da oposición regulada no artigo 22 do citado real decreto articúlase sobre os correspondentes temarios que deberán incluír dúas partes que comprendan, respectivamente, os contidos propios e específicos do ámbito científico correspondente e os coñecementos de carácter didáctico e educativo en xeral.

Resultando necesario aproba-lo temario da especialidade de lingua galega e literatura do corpo de profesores de ensino secundario, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

DISPÓN:

Primeiro.-O cuestionario específico que constitúe a parte A do temario, á que se refiren os artigos 24 e 41.3 do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, para as convocatorias de ingreso, adquisición de novas especialidades e mobilidade no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade lingua galega e literatura será o que se establece na presente orde e que figura no anexo I.

Segundo.-O cuestionario de carácter didáctico e de contido educativo xeral que constitúe a parte B, a que se refire o artigo 24 do real decreto antes citado, é o que se establece na presente orde o que figura no anexo II.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Pemuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

TEMARIO DE LINGUA E LITERATURA

GALEGAS

1. A comunicación e as súas variedades. A comunicación humana. A linguaxe e as súas funcións.

2. A lingua como sistema. O signo lingüístico. Lingua e fala. Sincronía e diacronía.

3. As variedades e rexistros de lingua.

4. Os medios de comunicación de masas. Os medios impresos e os medios audiovisuais. Imaxe e texto.

5. Orixe do galego. A romanización. Influencia doutras linguas na conformación do idioma. Voces patrimoniais, cultas e semicultas. Os préstamos.

6. A lingua na Idade Media. Os primeiros textos. O galego, lingua de cultura. Características da lingua medieval.

7. A lingua do século XVI ó XIX. Os séculos XVI e XVII. O século XVIII: a Ilustración. O século XIX: o Rexurdimento. Características da lingua nesta etapa.

8. A lingua no século XX ata 1975. A etapa das Irmandades da Fala e da Xeración Nós. A etapa da posguerra. A normativización.

9. A lingua na actualidade. O marco legal. Estandarización e normalización.

10. A situación lingüística mundial. As familias lingüísticas. As linguas de Europa. As linguas oficiais.

11. Lingua e sociedade. Actitudes e normas de uso lingüístico. Bilingüismo e diglosia.

12. Linguas en contacto. A asimilación lingüística. As interferencias lingüísticas e as alternancias de código.

13. Fonemática. As vocais. As consoantes.

14. A sílaba. O acento na palabra e no grupo tonal. Encontros de fonemas na palabra e no sintagma. A entoación.

15. A palabra e os seus constituíntes. Formación de palabras. A derivación: prefixación, sufixación e parasíntese. A composición.

16. O significado da palabra. Denotación e connotación. O campo semántico. Sinonimia e antonimia; homonimia e polisemia. O eufemismo.

17. O substantivo e o adxectivo.

18. O verbo. Estructura xeral. A raíz: verbos regulares e irregulares; as alternancias vocálicas e consonánticas. A vocal temática e as conxugacións.

19. O verbo. Estructura xeral. O tempo e o modo. O número e a persoa. O aspecto. A voz.

20. As formas non finitas do verbo e o infinitivo conxugado. As perífrases verbais.

21. O persoal.

22. O demostrativo. O posesivo. O artigo. Os identificativos.

23. Os indefinidos, numerais, relativos, interrogativos e exclamativos.

24. O adverbio. A preposición e a conxunción. A interxección.

25. O modo da enunciación oracional. A afirmación. A negación. A dúbida. A interrogación. A exclamación.

26. As funcións do esquema oracional. O predicado. Clases de oración segundo a natureza do predicado.

27. As funcións do esquema oracional. O suxeito. Os complementos. Outras funcións.

28. A oración composta. As oracións coordinadas. As oracións subordinadas.

29. Os esquemas sintácticos non predicativos. A frase. A comparación.

30. Estratexias para a análise; a síntese e o resumo de textos.

31. O texto e as súas partes. Temas e subtemas. Tipos de textos.

32. A narración. Estructura. A expresión temporal. Características.

33. A descrición. Estructura. A expresión da situación. Características.

34. A explicación. Estructura. Características e argumentación. As definicións. Os diccionarios.

35. A literatura como producto lingüístico, estético e social. Características da lingua literaria.

36. Literatura e sociedade. Autor e sociedade. A función social da literatura. Especificidade da literatura en contextos bilingües.

37. A literatura e a súa relación con outras manifestacións culturais: cine, música, arquitectura e pintura...

38. A literatura popular. Características. Influencia na literatura culta. Recompilacións.

39. O xénero lírico. Características e desenvolvemento.

40. O xénero narrativo. Características e desenvolvemento.

41. O xénero dramático. Características e desenvolvemento.

42. A literatura na Idade Media. Contexto sociocultural. Autores. Códices. Periodización. Características da lírica trobadoresca.

43. A cantiga de amigo.

44. A cantiga de amor.

45. A cantiga de escarnio e maldicir.

46. Os xéneros poéticos menores.

47. As cantigas de Santa María. A prosa medieval.

48. A decadencia da lírica galego-portuguesa. A escola galego-castelá.

49. A decadencia da literatura culta na Idade Moderna. A dialectalización da lingua. As manifestacións cultas e populares nos séculos XVI, XVII e XVIII.

50. A literatuta no século XIX. Contexto político e sociocultural. Os precursores. O Rexurdimento.

51. Rosalía de Castro.

52. Eduardo Pondal.

53. Manuel Curros.

54. Os epígonos do Rexurdimento.

55. O século XX. Contexto sociocultural. O nacionalismo galego. As Irmandades da Fala. O Grupo Nós.

56. Ramón Cabanillas.

57. Ramón Otero Pedrayo.

58. Vicente Risco.

59. Alfonso R. Castelao.

60. As vangardas en Galicia. Manuel Antonio e Amado Carballo. A escola neotrobadoresca.

61. Rafael Dieste. Outros prosistas e dramaturgos de preguerra.

62. Galicia na inmediata posguerra. A literatura no exilio. A actividade editorial e cultural no interior desde os anos 50. A diversificación do xénero ensaístico.

63. Álvaro Cunqueiro. O poeta. O narrador. O dramaturgo.

64. Eduardo Blanco Amor e Anxel Fole. Outros narradores desta etapa.

65. A poesía de postguerra. Caracterización e tendencias. Luís Pimentel. Aquilino Iglesia Alvariño. Xosé María Díaz Castro.

66. Celso Emilio Ferreiro e Antón Tovar.

Tendencias poéticas. Outros poetas desta etapa.

67. A promoción de poetas dos 50. Das Festas Minervais ó grupo Brais Pinto. Principais autores e tendencias.

68. Últimas promocións poéticas. Constitución de grupos. Pluralidade de voces e tendencias.

69. A renovación da prosa. Caracterización. Principais cultivadores da novela e da narrativa breve.

70. Autores e orientacións narrativas a partir de 1975.

71. O teatro actual. Situación e perspectivas.

72. Ensaio e artigo xornalístico: conexións literarias.

ANEXO II

1.-A educación secundaria na Lei Orgánica de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE): educación secundaria obrigatoria, bacharelato, finalidades e estructura.

2.-A formación profesional na LOXSE. Os seus compoñentes. Formación profesional específica de grao medio e grao superior. Vinculación da formación profesional cos demais niveis educativos.

3.-Desenvolvemento curricular da LOXSE. Fontes e funcións do currículo. Análise dos elementos curriculares na área e as materias da especialidade correspondente.

4.-Características básicas do desenvolvemento psicolóxico dos adolescentes. Aspectos cognitivos, motrices, afectivas e sociais. Implicacións no proceso de ensinanza e aprendizaxe da área e materiais da especialidade pola que se opta.

5.-A organización dos centros. Os órganos de goberno e de coordinación didáctica. Normativa sobre o funcionamento dos centros. Traballo en equipo e colaboración docente.

6.-Programación das intencións educativas no cen

tro. Funcións e decisións propias dos proxectos curriculares da secundaria obrigatoria e bacharelato. Estratexias de elaboración.

7.-Presencia, nas diferentes áreas do currículo da educación secundaria, de contidos (transversais) relativos á educación moral e cívica, á educación para a paz, á cooperación internacional, á igualdade entre os sexos e á educación ambiental.

8.-Fundamentación da área e materias da especialidade pola que se opta e as súas aportacións ás obxectivos xerais da etapa correspondente. Análise dos enfoques didácticos e as súas implicacións na ensinanza da área e materiais.

9.-A programación: principios psicopedagóxicos e didácticos; vinculación co proxecto curricular. Estructura e elementos das unidades didácticas: concreción e aplicación na área e materiais da especialidade correspondente.

10.-A avaliación na educación secundaria, Avaliación do proceso de aprendizaxe e do proceso de ensinanza. Función dos criterios de avaliación. Procedementos e instrumentos de avaliación. A promoción na etapa de ensinanza secundaria obrigatoria.

11.-Materiais curriculares e recursos didácticos: recursos materiais e impresos, medios audiovisuais e informáticos. Criterios para a súa selección e utilización.

12.-A acción titorial na educación secundaria. Funcións e actividades titoriais. O titor e a súa relación co equipo docente, cos alumnos e coas familias.

13.-A diversidade de intereses, motivacións e capacidades do alumnado. Medidas metodolóxicas, curriculares e organizativas no centro e na aula. A integración de alumnos con necesidades educativas especiais na educación secundaria obrigatoria.

14.-A educación permanente como principio básico do sistema educativo. Metodoloxía e avaliación do proceso de ensinanza e aprendizaxe de persoas adultas.

NOTA.-As referencias que se fan á lexislación en materia educativa en determinados temas deste cuestionario, inclúen, xunto coa normativa de carácter básico, as disposicións lexislativas que a desenvolven no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.