Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 56/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de 2 L.M.T., C.T. e R.B.T., que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L3307 Lalín-Vilatuxe-Forcarei ata o C.T. que se proxecta en Don Ramiro, e desde a L.M.T. ó C.T. de Don Ramiro proxectada ata o C.T. existente nomeado Serradoiro, concello de Lalín.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 520 m de lonxitude, con conductores tipo RHV. L.M.T., aérea, a 20 kV, de 152 m de lonxitude, con conductores tipo LA-56, sobre apoios de formigón. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V. R.B.T., soterrada, de 60 m de lonxitude, con conductor tipo RHV.

Orzamento: 15.020.154 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra