Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.227 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Hidroeléctrica de José Matanza García. Rúa Casares. Carballedo (Lugo).

Finalidade: mellora do servicio eléctrico no lugar de Porteiro-Carballedo.

Orixe da liña: C.T. de Gulfar.

Características: rede de baixa tensión, con conductores tensados LC-28 e RZ-0,6/1 kV, 3x25 Al+54,6 Al, realizarase a 380/220 V.

Orzamento: 3.002.619 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 22 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo