Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita (Expediente 4.207 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Hidroeléctrica de José Matanza García. Rúa Casares. Carballedo (Lugo).

Finalidade: dotar de servicio eléctrico a zona.

Orixe da liña: central hidroeléctrica Casares.

Final: L.M.T. San. Pedro-Carballedo.

Características: L.M.T. subterránea, 10 kV, para interconecta-la central hidroeléctrica a 1 km do centro de entronque en Casares coa L.M.T. aérea de San Pedro.

Orzamento: 2.000.000 de pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 10 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo