Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:
Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, conductor LA-56, de 1.374 m de lonxitude, con orixe na liña Pedrido-Caraña (expediente 34.739) e remate no C.T. Tiobre. Betanzos.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 13 de febreiro de 1995.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña