Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de contratación directa das obras de clave CC/PO/95.1.

Obra.

1. Mellora de capa de rodadura de camiños no municipio de Cambados.

Clave: CC/PO/95.1.

Orzamento: catorce millóns novecentas noventa e nove mil novecentas noventa e nove pesetas (14.999.999).

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Fianza provisional: 300.000 ptas.

(Declarada urxente de acordo co establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

Para o feito de proceder á devandita contratación, convídase ás empresas interesadas a presenta-las propostas económicas para a execución da obra citada.

O proxecto, prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentos relativos á contratación da obra a que se refire o presente anuncio poderán examinarse na Dirección Xeral de Obras Públicas, edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, en horas de oficina. As propostas presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O prazo de presentación de ofertas rematará ás 12 horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sexto dá hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións..

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1995.

P.D.O. (25-10-1983)

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas