A Orde do 24 de agosto de 1988 (BOE do 30) pola que se regula o procedemento de expedicións de títulos, diplomas e certificados correspondentes ós estudios de educación xeral básica, bacharelato, formación profesional e ensinanzas artísticas, no seu apartado décimo primeiro e a Resolución do 13 de decembro de 1988 (BOE do 12 de xaneiro de 1989),
pola que se dan instruccións para a aplicación da citada orde, na súa instrucción oitava, establecen o procedemento no caso de extravío e posterior expedición de duplicado de títulos. Na súa virtude, esta dirección xeral resolveu:
Anuncia-lo extravío do título de bacharelato a nome de Mónica Iglesias González.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1995.
Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete
Director xeral de Ordenación Educativa e Centros