Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.967

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 13 de xaneiro de 1995 pola que se modifican centros públicos de preescolar/infantil e primaria/EXB, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na orde que se cita, publicada no DOG do 24 de xaneiro de 1995, cómpre efectua-la correspondente rectificación:

Na páxina 743, no punto terceiro da parte dispositiva, onde di: «A presente orde entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «A presente orde entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, agás no que ás supresións se refire que, nestes casos, terá efectos do 31 de agosto de 1995».

Na páxina 752, colexio público Pecalama, do concello de Tordoia (A Coruña), onde di: «supresión de 1 posto de lingua castelá e francés», debe dicir: «supresión de 1 posto de lingua castelá».

Na páxina 752, colexio público Xacinto Amigo Lera do concello de Val do Dubra (A Coruña), debe eliminarse o posto de traballo de lingua castelá e debe figurar 1 posto de traballo de educación musical.

Na páxina 756, colexio público Condesa de Fenosa do concello do Barco de Valdeorras (Ourense), onde di: «Unidades de EXB 18», debe dicir: «Unidades de EXB 17».

Polo tanto, o número total de unidades deste centro é de 24.

Na páxina 763, colexio público de Crecente (Pontevedra), a composición resultante é a seguinte:

Unidades: 9 EXB, 2 preescolar, 2 educación especial. Total 12.

Postos de traballo: Preescolar 2. Educación especial-Pedagoxía terapéutica 1. EXB-ciclos inicial e medio 5. -EXB-Lingua castelá e inglés 1. EXB-Lingua castelá e francés 1. EXB-Lingua galega 1. EXB-Matemáticas e c. da natureza 1, EXB-Ciencias sociais 1. EXB-Educación física 1. Total 14 postos.

Na páxina 771, colexio público Carballal-Cabral (Vigo), onde di: «Transformación de 1 posto de Lingua castelá e francés e 1 posto de educación preescolar/infantil», debe dicir: «Transformación de 1 posto de lingua castelá e francés en 1 posto de educación preescolar/infantil».

Na páxina 773, colexio público Ramón y Cajal do concello de Vigo, referido a postos de traballo, onde di: «Educación especial-pedagoxía terapéutica 1», debe dicir: «Educación especial-pedagoxía terapéutica 2». Non debe figura-lo posto de traballo de educación especial-audición e linguaxe.