Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A alcaldía, con data 16 de febreiro do ano que corre, dictou a seguinte resolución:

«1.-Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa redactado polos servicios municipais para a apertura da Avda. dos Caídos, no que resultan afectadas as casas 12 a 24 da rúa Laguna, as casas 23 e 25 da rúa Castrillón, e as casas 2 e 4 da 1ª travesía da Laguna.

2.-Optar, para a execución do citado proxecto, polo procedemento de taxación conxunta.

3.-Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo prazo de un mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios na prensa e diarios oficiais os que neste momento aparecen como interesados, nos termos que prevé o art. 219.4 do texto refundido da Lei do solo, para que durante o citado prazo os interesados poidan consulta-lo proxecto de expropiación nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña, de luns a venres, das 12 ás 13,30 horas, e presentar cantas alegacións coiden oportunas para defende-los seus dereitos.»

A Coruña, 20 de febreiro de 1995.

P.D.

O alcalde