Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.952

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SETE DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (741/1991-U).

En virtude do acordado en autos de procedemento especial sumario do art. 131 da Lei hipotecaria número 741/1991-U, seguidos neste xulgado por instancia da entidade Banco Español de Crédito, S.A., representado polo procurador Lage Álvarez contra Gerardo Bello Francisco e María del Carmen Barcia Pino, sobre reclamación de certa cantidade, entre outros particulares consta o seguinte:

«Proposta de providencia.

Secretaria Vivero Ramil.

Na Coruña, vinteún de maio de mil novecentos noventa e tres.

Á vista do exposto en anterior acta de poxa, celebrada o día de hoxe, na que o procurador da parte demandante, Lage Álvarez, ofreceu como única oferta a cantidade de 2.038.000 ptas., inferior ó tipo da segunda poxa (7.300.000 ptas.), de conformidade co disposto na regra 12ª do artigo 131 da Lei hipotecaria, póñase a dita circunstancia en coñecemento dos donos do predio, Gerardo Bello Francisco e esposa, por se no prazo de nove días queren mellora-la dita oferta ou presentar a unha terceira persoa autorizada que o faga no seu nome, baixo o apercibimento de que, transcorrido o dito prazo sen que sexa mellorada a oferta referida, se adxudicará o remate.»

O anteriormente inserido coincide ben e fielmente co seu orixinal. Para que sirva de notificación ós debedores, Gerardo Bello Francisco e María del Carmen Barcia Pino, con domicilio descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino esta cédula na Coruña, trinta e un de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado