Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-182/1993. (Caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre a caza.

1.-Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2.-O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta número 120.596 do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3.-O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pago da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 9 de febreiro de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado proviwial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 182/93.

Denunciado: Antonio Vidal Ruade.

Último domicilio coñecido: Avda. Camelias, 8-2º dta. Vigo.

Feito denunciado: Cazar nun couto privado de caza sen autorización para facelo.

Precepto infrinxido: Art. 48.1.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000 ptas.