Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa, da obra Convenio Xunta de Galicia-Concello de Cerceda, estrada Viris-Mercurín-Ordes, tramo IV de clave CXC-4-IV-95 Cerceda.

A) Obra.

Clave: CXC-4-lV-95 Cerceda.

Obra: Convenio Xunta de Galicia-Concello de Cerceda. Estrada Viris-Mercurín-Ordes, tramo IV.

Orzamento: dezasete millóns cento noventa e tres mil seiscentas sesenta e catro pts. (17.193.664 ptas.).

Prazo de execoción: seis meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: trescentas corenta e tres mil oitocentas setenta e tres pesetas (343.873 ptas.)

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado e a 32 Lei 6/1994, da Comunidade Autónoma galega).

B) Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusula administrativas particulares, así como o proxecto estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, Edificio Administrativo de Monelos 8º piso, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1.883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial de A Coruña da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás doce horas do terceiro día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 9 de marzo de 1995.

P.D. (Orde 30-1-1995)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña