Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa, das obras que se citan (clave OH.233.273 e sete máis).

A) Obra.

1. «Abastecemento á parroquia de Paizás-primeira fase (Ramirás-Ourense)».

Clave: OH.232.273.

Orzamento: vinteoito millóns catrocentas corenta e cinco mil duascentas dezaseis pesetas (28.445.216).

Prazo de execución: 22 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: 568.904.

2. «Terminación do abastecemento e saneamento en Parada de Oleiros.(Miño-Ourense)».

Clave: OH.532.272.

Orzamento: vintetrés millóns trescentas noventa e catro mil setecentas trinta e catro pesetas (23.394.734).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 467.895.

3. «Saneamento en Codeso e Rodiño. (Boqueixón-A Coruña)».

Clave: OH.315.359.

Orzamento: cincúenta millóns trescentas cincuenta e dúas mil setecentas oitenta e catro pesetas (50.352.784).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: 1.007.056.

4. «Saneamento e abastecemento a Barreiros-segunda fase (Lugo)».

Clave: OH.527.235.

Orzamento: trinta millóns duascentas sesenta mil oitocentas setenta pesetas (30.260.870).

Prazo de execución: 22 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoria b.

Fianza provisional: 605.217.

S. «Distribución de auga ós núcleos de Bergondo-segunda fase (A Coruña)».

Clave: OH.215.357.

Orzamento: oitenta e nove millóns duascentas vinteseis mil novecentas trinta e nove pesetas (89.226.939).

Prazo de execución: 22 meses.

Clasifcación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 1.784.539.

6. «Captación e abastecemento a Xendive (Boborás-Ourense)».

Clave: OH.232.262.

Orzamento: seis millóns oitocentas oitenta e dúas mil oitenta e tres pesetas (6.882.083).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: non se esixe.

7. «Abastecemento e saneamento A Bouza, Lebozán, A Hermida e Arnelas (Beariz-Ourense)».

Clave: OH.532.271.

Orzamento: trinta e oito millóns trescentas cincuenta e nove mil novecentas corenta e seis pesetas (38.359.946).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 767.199.

8. «Saneamento nos lugares de Mourigade, Pedrouzos, Framil e Guimaráns (Ames-A Coruña)».

Clave: OH.315.356.

Orzamento: setenta e seis millóns novecentas vinteseis mil oitocentas trece pesetas (76.926.813).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 1.538.536.

(Declaradas urxentes segundo o establecido no artigo 26 da Lei de Contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1.883/1979 e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coindida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás dez horas do sexto día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1995.

(P.D.O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda