Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.906

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 24 de febreiro de 1995 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 1995.

De acordo co disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e oídos o Comité Galego e os provinciais da Pesca Continental, e por proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Períodos hábiles.

Con carácter xeral, sen prexuízo do disposto nos réximes especiais en cada provincia, os períodos hábiles para a pesca en augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia serán os seguintes:

-Salmón (Salmo salar)

Do 30 de abril ó 31 de xullo nos coutos de Abres, San Tirso e A Pontenova no río Eo.

Do 14 de maio ó 30 de xuño nos coutos de Celeiro (río Masma), Viveiro (río Landro), Chelo (río Mandeo), Sinde (río Ulla) e Couso (río Ulla).

Nas restantes masas de auga da Comunidade Autónoma non se autoriza a pesca do salmón.

-Reo (Salmo trutta, ecotipo migrador)

Do 1 de maio ó 15 de agosto.

-Troita (Salmo trutta)

Do 26 de marzo ó 15 de agosto en masas de auga onde non haxa salmón.

Do 1 de maio ó 15 de agosto naquelas masas de augas onde haxa salmón ou reo.

-Lamprea (Petromizon marinus)

Do 1 de xaneiro ó 30 de abril.

-Anguía (Anguilla anguilla)

Do 26 de marzo ó 15 de agosto.

-Saboga e sábalo (Alosa sp)

Non se autoriza a súa pesca.

-Ciprínidos

Do 26 de marzo ó 15 de agosto

-Cangrexo de río (Austropotamobius pallipes pallipes)

Non se autoriza a súa pesca.

-Black-bass (Micropterus salmoides)

Do 26 de marzo ó 15 de agosto.

-Outras especies.

Do 26 de marzo ó 15 de agosto.

Artigo 2º.-Dimensións mínimas e número de pezas autorizadas.

Devolveranse ás augas, acto seguido de se extraeren delas, os exemplares de fauna acuícola cunha lonxitude igual ou inferior ás que se expresan no cadro seguinte, no que tamén aparecen o número máximo de pezas autorizadas por pescador e día; todo isto sen prexuízo do disposto nos réximes especiais.

Pezas por

EspecieLonxitudepescador e día

Salmón40 cmUnha

Reo25 cmCinco

Troita común19 cmVinte

O resto das especies piscícolas autorizadas non terán limitada a lonxitude de captura nin a cota por pescador e xornada.

Artigo 3º.-Cebos e modalidades de pesca autorizados.

Prohíbese a culleriña para a pesca do salmón.

Para a pesca da troita e do reo con culleriña naquelas masas de auga habitadas por salmón só se poderán emprega-las de tamaño inferior ou igual á do número 2 xunto con sedela monofilamento de 0,2 mm de diámetro máximo.

Prohíbese empregar peixe como cebo sempre que non sexa unha especie habitual nas augas onde se estea practicando a pesca.

Como regra xeral, e para tódalas especies, só se autoriza a pesca con cana. Aínda así, admítanse as seguintes excepcións:

Lamprea.-Nas provincias da Coruña e Pontevedra e naquelas augas sometidas a réxime expecial, o uso de «pesqueiras» e de estacadas, soamente nos ríos, tramos e forma que determine a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural por proposta do servicio provincial de Medio Ambiente Natural.

Anguía e meixón.-O emprego de artes legalmente autorizadas.

Artigo 4º.-Réximes especiais.

Apróbanse os réximes especiais provinciais que figuran nos anexos I, II, III e IV da presente orde.

Artigo 5º.-Medidas excepcionais.

Facúltase o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para modifica-los períodos hábiles por razóns hidrobiolóxicas, de estiaxe ou calquera outra que faga necesario adoptar medidas de protección da riqueza piscícola. Estas medidas adoptaranse por proposta dos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural, oídos os respectivos comités provinciais de pesca, e serán publicadaa no DOG.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

RÉXIMES ESPECIAIS

DA PROVINCIA DA CORUÑA

1.-NORMAS XERAIS

Establécese a veda do aalmón en tódolos ríos da provincia agás do réxime especial do río Mandeo e do río Ulla.

Non se autoriza a captura da lamprea agás no río Ulla, onde se aplicarán os réximes especiais da provincia de Pontevedra.

Nos coutos de pesca sen morte só se autoriza a pesca con culleriña dun anzol e aparellos de mosca. Os anzois deben ir desprovistos de arponciño.

A pesca da meixón efectuarase coas limitacións de época, hora e artes publicadas no Boletín Oficial da provincia do 27 de marzo de 1974, nos seguintes termos:

Nome da arte: trueiro ou cribo.

Condicións de emprego: poderase utilizar durante os meses de decembro e xaneiro, a calquera hora do día en tódolos ríos da provincia, desde a súa desembocadura ata o remate da zona influída polas mareas. Diámetro máximo da boca, 70 cm; lado mínimo dos cadros da malla mollada, 2 mm. Máximo de dúas artes por pescador. Tódolos pescadores poderán operar no mesmo tramo sen gardar distancias.

2.-RÉXIMES ESPECIAIS DE VEDAS, CEBOS E MODALIDADES DE PESCA

RIO ANLLÓNS

Desde Ponte Caldas ata a súa desembocadura e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de

maio ó 15 de agosto. Védanse tódalas especies desde Ponte Lerida a Ponte Lagoa.

RÍO BAA

Védanse tódalas especies entre a estrada LC-133 e a LCV-1223.

RÍO BALEO

Desde o seu nacemento á desembocadura e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

RÍO BARCÉS

Védanse tódalas especies desde a presa do muíño de Sarandóns ata a ponte de Sarandóns.

RÍO BELELLE

Desde o salto de Fervenza ata a desembocadura e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. Védanse tódalas especies entre a presa de Fervenza e a presa de Formariz. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

RÍO CABALAR

Desde o seu nacemento ata Ponte Sapo e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto.

RÍO CÁDAVO

Védanse tódalas especies desde a ponte N-VI ata a súa desembocadura e afluentes intermedios.

RÍO COROÑO

Védanse tódalas especies desde o seu nacemento ata Ponte de Loxo e afluentes intermedios.

RÍO ESPASANTE

Desde o seu nacemento ata a súa desembocadura e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

RÍO EUME

Desde a central de Endesa ata a súa desembocadura e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto, agás desde o primeiro refuxio á desembocadura, onde se apraza a apertura ata o 1 de xuño. Prorrógase a pesca do reo no couto de Ombre ata o 30 de setembro.

RÍO FEÁS

Desde o seu nacemento ata a desembocadura e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

RÍO FONTAO

Védanse tódalas especies desde o seu nacemento ata a desembocadura e afluentes intermedios.

RÍO FURELOS E AFLUENTES

Desde o seu nacemento ata a Ponte de Paradela e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto.

O período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto nos seguintes afluentes:

Río Toca: desde o seu nacemento ata Ponte de Souto

Río Pedrouzos: desde o seu nacemento ata Ponte de Castellón

Río Catasol: desde o seu nacemento ata Ponte Trasmundi

Rio Vilamor: desde o seu nacemento ata o Pontellón

RÍO GÁNDARA

Védanse tódalas especies desde o polígono industrial do Espírito Santo ata a súa desembocadura no río Mero.

RÍO GRANDE

Desde a presa de Castro Buxán e desde a central de Carantoña no regato de Canle, leito desta, e desde as presas artificiais de Basandín ata a súa desembocadura e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. No couto de Ponte do Porto prorrógase a pesca do reo ata o 30 de setembro. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

RÍO ISO

Desde o seu nacemento ata Ponte Requeiros e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto.

RÍO LAMBRE

Desde a fábrica de Güimil (Fenosa) ata a súa desembocadura o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

RÍO LOIBA

Desde o seu nacemento á desembocadura e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

RÍO MANDEO

1.-Tramo baixo.

a) Salmón: Da pasarela do Zarzo ó final do couto de Betanzos o período hábil será do 14 de maio ó 30 de xuño. Só se permite a pesca con cebo natural e mosca.

b) Reo e troita: Desde a pasarela do Zarzo á desembocadura o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. Desde a pasarela do Zarzo ó final do couto de Betanzos prorrógase a pesca do reo ata

o 30 de setembro. Prohíbese o emprego de culleriña, e o seu equivalente en peixes artificiais, maiores do nº 2.

c) Védanse tódalas especies desde a presa de Xielas á pasarela do Zarzo.

2.-Tramo alto.

a) Desde o seu nacemento ata a confluencia co regato Porto (en Porto de Abaixo, Sobrado) e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto.

RÍO MAIOR

Desde o seu nacemento ata a desembocadura e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

RÍO MENDO

Desde a ponte da N-VI ata a súa desembocadura e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

RÍO MERA

Desde o seu nacemento ata a desembocadura e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

RÍO MERO

Védanse tódalas especies desde a presa de Cecebre ata Ponte Galiñeiro

RÍO RUDELO

Védanse tódalas especies desde o seu nacemento ata a desembocadura na lagoa de Sobrado e afluentes intermedios.

RÍO SANFÍNS

Védanse tódalas especies desde o seu nacemento ata a desembocadura no río Traba e afluentes intermedios.

RÍO SOR

Desde o seu nacemento ata a súa desembocadura e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. Prorrógase a pesca do reo no couto de Ribeiras do Sor ata o 30 de setembro.

Védanse tódalas especies desde a Ponte de Ribeiras do Sor ata Santo de Ribeira e Xancedo e desde 200 m augas abaixo da Ponte Ulló a 200 m augas arriba da presa de Rafael.

RÍO TAMBRE

Desde o seu nacemento ata Ponte Louseiras e afluentes intermedios e desde a presa de Barrié da Maza ata a desembocadura e afluentes intermedios (incluído o Donas) o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. Prorrógase a pesca do reo no couto de Noia ata o 30 de setembro. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

Prohíbese a pesca con culleriña e peixe artificial no mesmo couto a partir do 1º de xuño.

Autorízase a pesca de ciprínidos todo o ano desde a pasarela de Tapia ata 500 m augas abaixo do murallón da praia de Ames.

Védanse tódalas especies desde a Ponte Chaián ata a presa de Elevadoras.

RÍO TINES

Desde Ponte Serra ata a súa desembocadura o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

RÍO TRABA

Desde Ponte de Porto Bravo ata a súa desembocadura e afluentes intermedios o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

RÍO ULLA

Desde a presa do encoro de Portodemouros ata a súa desembocadura, así como tódolos afluentes da provincia nun tramo de 1 km augas arriba desde a súa confluencia co río Ulla, agás o río Sar, rexerán as normas recollidas nos réximes especiais da provincia de Pontevedra.

RÍO XUBIA

No couto de Xubia e afluentes intermedios, incluído o río Castro, o período hábil será do 1 de maio ó 15 de agosto. A zona intermareal permanecerá vedada ata o 30 de maio.

3.-RÉXIME ESPECIAL DE ENCOROS E LAGOAS

ENCORO DE CECEBRE: Autorízase a pesca de tódalas especies durante todo o ano. Permanecerán vedadas as colas do encoro, desde Agrolongo na cola do río Mero e desde o embarcadoiro de Carril na cola do río Barcés unindo ámbolos puntos coas beiras opostas segundo recta imaxinaria que atravese a illa existente no primeiro caso e segundo a perpendicular á beira no segundo. Queda prohibida a pesca desde embarcación ou artefacto flotante, a excepción do tubo flotador.

ENCORO DE SABÓN: Autorízase a pesca de tódalas especies durante todo o ano.

ENCORO DAS FORCADAS: Autorízase a pesca de tódalas especies durante todo o ano.

ENCORO DE SAN COSMEDE: Autorízase a pesca de tódalas especies durante todo o ano.

ENCORO DE PORTODEMOUROS: Para a pesca rexerán as normas recollidas nos réximes especiais da provincia de Pontevedra.

ENCORO DE VILAGUDÍN: Aproveitamento piscícola en réxime de concesión (Resolución do 4 de maio de 1994, DOG nº 104, do 1 de xuño de 1994). Normativa específica.

LAGOA DE VALDOVIÑO: Queda prohibida a pesca desde embarcación e calquera tipo de artefacto flotante.

LAGOA DE SOBRADO: A pesca rexerase pola normativa acordada co propietario do aproveitamento piscícola. O período será o comprendido entre o 1 de abril e o 30 de xuño. Limítase o número de capturas a 12 pezas/pescador/día. O número máximo total de exemplares extraídos da lagoa será de 360, cun tamaño mínimo de 25 cm.

ANEXO II

RÉXIMES ESPECIAIS DA

PROVINCIA DE LUGO

1.-NORMAS XERAIS

Os regatos ou ríos que desemboquen nos tramos onde se autoriza a pesca dos ciprínidos non están incluídos na autorización. Nestes tramos, a pesca fóra do período hábil da troita realizarase cunha soa cana e unicamente se permite o uso do cebo natural, exceptuando a miñoca, con anzol que teña de tamaño máximo o número 12.

Os permisos de pesca fluvial expedidos a traveso do sorteo convocado para o efecto rexeranse pola normativa da mencionada convocatoria.

A validez dos permisos expedidos para os coutos de pesca fluvial está suxeita á correspondencia de datos coa matriz do centro expedidor, tanto no que se refire a identificación, numeración, couto, categoría, etc., como ó seu importe.

Nos coutos salmoneiros ou de reo, por concordancia coa normativa de taxas, é preciso estar en posesión de licencia con recargo.

A lamprea queda vedada en tódolos coutos de pesca fluvial dos ríos Landro, Ouro e Masma e en toda a conca do río Eo.

2.-RÉXIMES ESPECIAIS DE VEDAS, CEBOS E MODALIDADES DE PESCA

OS ANCARES (R. N. de Caza)

Quedan vedados os seguintes tramos para tódalas especies:

-Rego da Vara: desde 500 m augas abaixo de onde se xunta co rego de Cabanavella ata o seu nacemento.

-Rego de Brego: desde o lugar de Deva ata o seu nacemento.

RÍO ANLLO

Quedan vedadas tódalas especies desde a ponte de Baroncelle ata a ponte de Moncelos (estrada local a Rábade).

RÍO AZÚMARA

Quedan vedadas tódalas especies desde a ponte de Seixosmil ata a desembocadura no río Miño.

RÍO CABE

Prohíbese a pesca de tódalas especies desde o encoro de Vilanova ata o lugar de Gundear, fronte ó chalé de Emilio, o carpinteiro (500 m augas-arriba).

Prohíbese a pesca os martes e os xoves (non festivos) desde a ponte na estrada de Lugo a Quiroga, xunto a Fornelas, ata o muíño do club fluvial.

Queda vedado para tódalas especies o tramo comprendido entre a ponte de Santa Eulalia de Trascento e o nacemento do río.

Retrásase a apertura do período hábil da troita ata o 1 de maio desde o lugar de Pacios da Veiga (na estrada da Pobra de Brollón a Incio) ata a ponte de Santa Eulalia de Trascastro (estrada a Ferrería do Incio).

Autorízase o uso de cebo natural toda a tempada desde o límite superior do couto de Monforte ata o lugar de Pacios da Veiga.

Autorízase a pesca de ciprínidos a partir do 15 de marzo ata o 1 de novembro desde 150 m augas arriba da Ponte Vella ata o lugar de Ponte de Canaval que delimita os termos municipais de Sober e Pantón.

RÍO CANCELADA

Queda vedado para tódalas especies desde a parte de Veiga do Seixo ata o punto onde se xunta o rego da Vara (río de Cales) co río Cancelada.

RÍO CRUZUL (Afluente do Navia)

Queda vedado para tódalas especies desde a Ponte de Cruzul ata o seu nacemento.

RÍO EO

Prohíbese a pesca de calquera especie nos seguintes tramos:

-Desde o seu nacemento ata a piscifactoría de Pisceo (parroquia de Fonteo-Baleira).

-Desde o final do lote 9 de Abres ata a ponte do ferrocarril Ferrol-Xixón (desta prohibición exceptúase a pesca do meixón desde terra).

-No couto de Xinzo desde a ponte de Vilarmide ó pozo Corbeiro.

Queda libre o lote 4 de Abres.

Nos lotes 1, 2 e 3 do couto da Pontenova a tempada hábil de salmón é a comprendida entre o 14 de maio e o 30 de xuño.

Nos tramos compartidos coa Comunidade Autónoma Asturiana, a tempada hábil de salmón é entre o 30 de abril e o 31 de xullo. Nestes tramos os xoves consideraranse días de veda para tódalas especies.

Aprázase o comezo do período hábil para a troita e o reo ata o día 1 de maio no tramo comprendido entre a piscifactoría de Pisceo e a ponte de Murias (parroquia de Martín-Baleira), incluíndo os afluentes.

Aprázase a apertura do período hábil para troita e reo ata o 14 de maio nos coutos de Xinzo, Salmeán,

zona libre da Pontenova, lotes 1, 2 e 3 do couto da Pontenova e tramos compartidos coa Comunidade Autónoma asturiana.

Excepción: con motivo da Festa da Troita na Pontenova, autorízase un concurso de pesca o día 1 de maio nos coutos de Vilarmide (reservándose tódolos permisos), Xinzo, Salmeán e A Pontenova (lotes 1, 2 e 3), así como tamén na zona declarada como libre na Pontenova.

O peche do período hábil nos tramos compartidos coa Comunidade Autónoma de Asturias terá lugar o 31 de agosto.

Nos coutos de Xinzo, Salmeán e A Pontenova, así como na zona libre da Pontenova e nos tramos compartidos coa Comunidade Autónoma de Asturias a cantidade máxima de capturas fíxase en 12 troitas ou reos por pescador e día.

Prohíbese o uso de cebo natural na zona libre da Pontenova, e nos coutos da Pontenova, San Tirso e Abres, agás para salmón.

Nos coutos de Salmeán e Xinzo só se poderá pescar troita e reo con mosca artificial, excepto o día 1 de maio que se permitirá o uso da culleriña.

A partir do día 1 de xuño prohíbese a utilización da culleriña para tódalas especies nos coutos da Pontenova, San Tirso, Abres e zona libre da Pontenova.

A partir do día 1 de xullo prohíbese o uso do cebo natural en toda a conca do río.

No couto de Vilarmide pódese empregar cebo natural só cando se pesque con anzol sen arponciño.

Desde a ponte da Pontenova ata a ponte do Pico (vila da Pontenova) declárase zona libre para pesca sen morte, segundo as condicións xerais que para estas zonas se establecen máis adiante.

Queda vedado o meixón en tódolos coutos de pesca fluvial, podéndose pescar desde terra desde o final do lote 9 do couto de Abres, ata a ponte do ferrocarril Ferrol-Xixón.

Poderá pescarse a anguía durante a temporada hábil da troita e o reo. Para esta especie, nos coutos da Pontenova, San Tirso e Abres utilizarase aparello de liña sen anzol.

RÍO EUME

Quedan vedadas tódalas especies desde a ponte da Balsa ata a ponte de Insua.

RÍO FERREIRA

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano desde o encoro de Galego ata a desembocadura no Miño.

RÍO FIGUEIRAS (afluente do Masma)

Prohíbese a pesca de calquera especie desde a ponte de Figueiras en Fraga Vella ata o seu nacemento, incluídos os afluentes intermedios.

RÍO DE GALDO ou BRAVOS (afluente do Landro)

Desde a ponte de Baralla ata a súa desembocadura retrásase a apertura da troita ata o día 1 de maio.

RÍO GUISANDE

Prohíbese a pesca de calquera especie no tramo comprendido entre a ponte de Lama e a súa desembocadura no río Tamoga.

RÍO LADRA E AFLUENTES

Prohíbese a pesca de calquera especie nos seguintes tramos:

-No regato de Porto Pres na parroquia de Francos (Outeiro de Rei).

-No regato de Lama na parroquia de Gaioso (Outeiro de Rei).

A partir do 1 de xullo prohíbese o uso de cebo natural no couto de Begonte.

O tramo comprendido entre o muíño de Carballido e a ponte da N-VI declárase como couto de pesca sen morte, segundo as condicións xerais que para estas zonas se establecen máis adiante.

RÍO LANDRO

O salmón só se poderá pescar no couto de Viveiro, agás no lote 1 que está vedado.

Queda vedada para tódalas especies a zona comprendida 100 m augas arriba e 100 m augas abaixo das presas do muíño e igualmente da presa de Chavín.

No encoro de Salto do Can quedará vedada unha zona de 250 m augas abaixo desta.

No couto de Viveiro retrásase a apertura do período hábil para a troita e o reo ata o día 1 de maio.

No couto de Viveiro a cantidade máxima de capturas fíxase en 12 troitas ou reos por pescador e día.

No couto de Viveiro, desde a presa de Salto do Can ata o final do couto, prohíbese en toda a tempada o uso de cebo natural para a troita e o reo. A partir do día 1 de xuño, no mesmo tramo, prohíbese o uso da culleriña. A partir do día 1 de xullo prohíbese o cebo natural para troita e reo no resto do couto.

RÍO LEA

Quedan vedadas tódalas especies desde a ponte do Regueiral (Lea) ata a ponte de Correás (Fraialde-Pol).

RÍO LEXOSO (afluente do Grande, ría de Ribadeo)

Quedan vedadas tódalas especies desde o pozo de Lexoso ata o seu nacemento.

RÍO LOR E AFLUENTES

Quedan vedados para tódalas especies os seguintes tramos:

-Desde o seu nacemento á Ponte de Eixecadas.

-O río Ferreirós desde a Ponte de Ferreirós de Abaixo ata a súa desembocadura no río Lor.

-O tramo final do río Pequeno desde a ponte da estrada de Folgoso a Seoane ata a súa desembocadura no río Lor.

Atrásase o periodo hábil para a troita ata o 1 de maio desde a ponte de Eixecadas ata a ponte de Esperante.

A partir do 1 de xullo prohíbese o uso de cebo natural en toda a súa conca, exceptuándose o tramo comprendido desde o final do couto de Labrada ata a súa desembocadura no Sil e o tramo comprendido entre o límite superior do couto de Labrada e a ponte de Froxán.

RÍO LOUREIRO (afluente do Landro)

Desde a ponte de Galea ata a súa desembocadura no Landro retrásase a apertura da troita ata o día 1 de maio.

RÍO LÓUZARA

Aprázase ata o día 1 de maio o comezo do período hábil para a troita desde o Pozo de Beltrán (lugar de Parada na parroquia de Santalla-Samos) ata o seu nacemento incluíndo os afluentes. A partir do 1 de xullo prohíbese o uso de cebo natural en todo o río.

RÍO MAO

Prohíbese a pesca de tódalas especies desde a ponte de Ribeira (parroquia de Goo) ata Mosteiro.

Queda vedado un tramo de 200 m augas abaixo da presa de Vilasouto, para tódalas especies.

RÍO MASMA E AFLUENTES

Queda vedado para o salmón o tramo comprendido entre o nacemento do río e o final do couto de Mondoñedo.

Queda vedado para tódalas especies o tramo comprendido 100 m augas arriba e 100 m augas abaixo das presas da Central e de Fontela.

Río Ferrería: Védase desde o muíño do barrio da Ferrería en Viloalle ata a súa desembocadura no Masma.

Río Tronceda: Védase desde o cadoiro da Fervenza ata a súa desembocadura no Masma.

Aprázase a apertura da troita ata o día 14 de maio nos coutos de Mondoñedo e Celeiro, e no tramo final do río desde o remate deste último ata a súa desembocadura.

Nos coutos de Mondoñedo, Celeiro e tramo libre desde o remate desta último couto ata a desembocadura, a cantidade máxima de capturas fíxase en 12 troitas ou reos por pescador e día.

A partir do día 1 de xuño prohíbese o uso da culleriña desde o comezo do couto de Mondoñedo ata a ponte da Espiñeira e a partir do día 1 de xullo prohíbese o cebo natural para troita e reo, no couto de Mondoñedo.

Queda prohibido en toda a tempada o uso de cebo natural para troita e reo no couto de Celeiro e na zona libre que segue a este couto.

Prorrógase a pesca ata o 30 de setembro desde o pozo dos Cantos ata a ponte da Espiñeira, da robaliza, muxo, solla e anguía con xorra (mereis sp.), pulga de mar ou miga de pan.

Queda vedado o meixón en tódolos coutos de pesca fluvial.

RÍO MERA

Prohíbese a pesca de tódalas especies desde a ponte de Muíño de Mazuco ata a Ponte-Nova (parroquia do Veral, termo municipal de Lugo).

RÍO MIÑO

Para a troita queda vedado un tramo comprendido entre a ponte de Santandreao (Couto de Terrachá) e Fonmiñá (A Pastoriza).

Queda probibida a recollida de anguías turbinadas desde a presa de Belesar ata a ponte vella da estrada Chantada-Monforte. Desde este punto augas abaixo a recollida non poderá facerse de noite.

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano nos seguintes tramos:

Tramo 1.-Desde a presa do Rei Chiquito ata a acea do Vilar (termo municipal de Lugo).

Tramo 2.-Desde a ponte de Areas (final do couto de Quinte) ata o muro da presa do encoro de Belesar, exceptuando:

a) Pola marxe dereita: 600 m augas arriba da desembocadura do río Enviande (parroquia de Sobrecedo de Taboada) ata 500 m augas abaixo da desembocadura do río Lama (parroquia de Pedrafita de Chantada).

b) Pola marxe esquerda: 1.200 m augas arriba da desembocadura do río Sardiñeira (parroquia de San Vicente de Ribas do Miño) ata 1.500 m augas abaixo da referida desembocadura (parroquia de Rebordáns), ámbalas dúas parroquias do termo municipal do Saviñao.

A apertura e peche da pesca nestes tramos coincidirá co período hábil de pesca da troita.

Autorízase a pesca de ciprínidos desde o comezo da tempada da troita ata o 1 de novembro no tramo comprendido entre a ponte da antiga estrada de Monforte a Chantada e o muro da presa dos Peares pola súa marxe esquerda, e pola súa marxe dereita, desde 50 m augas abaixo da desembocadura do regato de Camporramiro ata o muro da presa antes sinalado (termos municipais de Carballedo, Chantada, Pantón e O Saviñao).

Fóra do período hábil xeral para a troita, só poderá pescarse a anguía nas zonas abertas para ciprínidos.

RÍO NAVIA E AFLUENTES

Prohíbese a pesca de tódalas especies desde a ponte de Robledo ata a ponte de Nullán (termo municipal das Nogais).

O rego de Vilarpandín queda vedado para tódalas especies desde a ponte da estrada Becerreá-Navia ata a súa desembocadura no río Navia.

O período hábil para a troita no tramo compartido coa Comunidade Autónoma de Asturias (augas abaixo do final do couto de Navia) terá lugar entre o 2 de abril e o 31 de agosto. Os xoves considerarase día de veda para tódalas especies.

No tramo compartido coa Comunidade Autónoma de Asturias a cota máxima de capturas será de 12 troitas por pescador e día. No resto da conca do río Navia será de 16 troitas por pescador e día.

A partir do día 1 de xullo prohíbese o uso do cebo natural en toda a conca do devandito río.

RÍO NEIRA E AFLUENTES

Aprázase ata o día 1 de maio o comezo do período hábil para troita desde a presa da Veiga (municipio de Baralla) ata o seu nacemento, incluíndo os afluentes.

A partir do 1 de xullo prohíbese o uso do cebo natural en toda a conca do río Neira, excepto:

-No tramo autorizado para a pesca de ciprínidos.

-No couto de Pobra.

-No río Sarria desde o muíño de Moreira ata a súa desembocadura no Neira.

-No río Tórdea desde a ponte de Laxes ata a súa desembocadura no Neira.

O tramo comprendido entre a ponte de Valdriz e a ponte da estrada Lugo-Sarria declárase como couto de pesca sen morte, segundo as condicións que para estas zonas se establecen máis adiante.

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano desde a Ponte de Neira (final do couto da Pobra) ata a súa desembocadura no río Miño.

Fóra do período hábil para a troita só poderá pescarse a anguía na zona aberta para os ciprínidos.

RÍO OURO

Queda vedado o salmón en toda a conca do río Ouro.

Prohíbese a pesca de tódalas especies desde 100 m augas arriba da ponte Trece de Carballido-Alfoz ata 100 m augas abaixo da mesma ponte.

Así mesmo, prohíbese a pesca de tódalas especies desde Prado de Pardeiro ata a desembocadura da canle de Peizás (Freixulfe, O Valadouro).

Queda prohibida a pesca de tódalas especies 100 m augas abaixo e 100 m augas arriba das presas de Candaedo e Caneiro (lotes 1 e 2 do couto de Foz).

No couto de Foz aprázase ata o día 1 de maio o comezo do período hábil para troita e reo.

No couto de Foz a cantidade máxima de capturas fíxase en 12 troitas ou reos por pescador e día.

A partir do día 1 de xuño prohíbese o uso da culleriña no couto de Foz e prohíbese o uso do cebo natural para a pesca da troita e reo no mesmo couto.

Prorrógase ata o día 30 de setembro a pesca da robaliza, muxo, solla, anguía con xorra, pulga de

mar ou miga de pan, desde a Ponte Vella de Fazouro ata a Ponte metálica (deslindamento marítimo-fluvial).

O meixón queda vedado en tódolos coutos de pesca fluvial. A anguía, fóra do período comprendido entre a apertura da troita e o 30 de setembro, non se poderá pescar.

RÍO SARRIA (ORIBIO)

Quedan vedadas tódalas especies desde a ponte da Capela do Ciprés ata a presa do Vizarro.

Queda vedado para tódalas especies o tramo comprendido entre a ponte da estrada de Samos ata a ponte da rúa Castelao (zona urbana de Sarria).

A partir do 1 de xullo prohíbese o uso do cebo natural en toda a conca do río Sarria coa excepción do tramo comprendido que vai desde o muíño de Moreira ata a súa desembocadura no río Neira.

RÍO SER (afluente do Navia)

Quedan vedadas tódalas especies desde a ponte da estrada Navia-Becerreá ata a súa desembocadura no Navia.

RÍO SIL

Autorízase a pesca de ciprínidos e anguías durante todo o ano desde a desembocadura do río Bibei (Quiroga) ata a central de Sequeiros (termos municipais de Quiroga e Ribas de Sil).

Autorízase a pesca de ciprínidos, anguías e black-bass todo o ano desde a ponte vella de San Clodio (Ribas de Sil) ata o muro do encoro de Santo Estevo (Sober), exceptuando pola marxe dereita desde o viaducto de Augasmestas ata 1.100 m augas abaixo da desembocadura do río Lor (parroquia de Augasmestas-Quiroga).

A apertura e peche da pesca nestes tramos exceptuados coincidirá co período hábil da pesca da troita.

RÍO TÓRDEA

A partir do 1 de xullo prohíbese o uso de cebo natural en toda a conca do río Tórdea excepto no tramo comprendido entre a ponte de Laxes e a súa desembocadura no Neira.

RÍO TRABADA

Vedado para tódalas especies desde a presa de Piago Negro ata a súa desembocadura no Eo.

3.-NORMAS PARA OS COUTOS DE PESCA SEN MORTE E ZONA LIBRE DE PESCA SEN MORTE DA PONTENOVA

1.-Só se autoriza como cebo a mosca artificial sen arponciño e a culleriña con anzol sen arponciño. Na zona libre da Pontenova a culleriña deberá ser do número 0, 1 ou 2.

2.-Tódalas capturas deberán devolverse ó río.

3.-Os mércores reservaranse os permisos de couto para actividades educativas, solicitadas por entidades interesadas na mellora do medio fluvial.

4.-O número de permisos de couto por día será de 5, agás os mércores, que se poderán incrementar por causas xustificadas e expediranse con carácter gratuíto.

5.-Os permisos de couto expedidos serán de terceira categoría.

6.-De considerarse preciso, e logo de publicación polo Servicio de Medio Ambiente Natural, poderá autorizarse a retirada de exemplares de troita de grandes dimensións.

7.-A apertura da veda na zona libre de pesca sen morte da Pontenova será o 14 de maio.

NESTAS ZONAS NON SE PODERÁ LEVAR NA CANASTRA NINGÚN EXEMPLAR DE PEIXE MENTRES SE PERMANEZA NO TRAMO DECLARADO PARA O EFECTO.

ANEXO III

RÉXIMES ESPECIAIS DA

PROVINCIA DE OURENSE

1.-NORMAS XERAIS

Prohíbese pescar desde embarcación provista de instrumentos de ecolocalización, sonar ou semellantes.

Prohíbese pescar desde embarcación cun número de canas superior a unha por pescador, ademais o número total de canas por embarcación non poderá ser superior a tres, aínda sendo maior o número de pescadores embarcados.

Prohíbese a pesca con ninfa artificial lastrada a fondo para calquera especie piscícola.

Prohíbese o uso da miñoca como cebo nos coutos de pesca xestionados polo Servicio de Medio Ambiente Natural de Ourense para a pesca de salmónidos desde o inicio da tempada ata o día 2 de abril inclusive.

Prohíbese o uso do verme de carne «asticot» como cebo nos coutos de pesca xestionados polo Servicio de Medio Ambiente Natural para a pesca de salmónidos durante toda a tempada hábil de pesca.

Os permisos de pesca de 4ª categoría son válidos para a pesca exclusiva de ciprínidos cunha soa cana, anzol do número 14 ou tamaño máis pequeno, utilizando como cebos asticot, larva de tricóptero, masillas ou vexetais.

En tódolos coutos da provincia, calquera que sexa o seu réxime administrativo, son días inhábiles para a pesca tódolos xoves, agás festivos.

Naquelas masas de auga onde se autoriza a pesca durante todo o ano teranse en conta, ademais das normas específicas de cada masa, as seguintes prescricións:

-Para a pesca de ciprínidos empregaranse tan só anzois do número 14 ou de tamaño máis pequeno, e usando como cebo o verme da carne «asticot» ou masillas vexetais.

-Para a pesca da carpa poderanse empregar anzois de calquera tamaño sempre que se empregue como cebo pataca, pasta de fariña, cebos vexetais, así como masillas ou outras mesturas específicas para a devandita especie.

-Para a pesca do black-bass empregaranse soamente engados específicos para a dita especie, vinilo e fantasía.

-Para a pesca da anguía empregaranse os cebos autorizados especificamente.

-Nos encoros onde se pode pescar durante todo o ano especies piscícolas, con excepción dos salmónidos (troita), a autorización para a devandita pesca só é válida para as augas encoradas e quietas, a unha distancia mínima de 50 m augas abaixo de onde rematan as augas correntes (ríos, regatos, etc...) que alimentan os ditos encoros.

2.-RÉXIMES ESPECIAIS DE VEDAS, CEBOS E MODALIDADES DE PESCA

RÍO ARNOIA

Védanse tódalas especies desde o nacemento ata a ponte de Prado, no concello de Vilar de Barrio, nunha lonxitude aproximada de 10.000 m. Esta veda esténdese a tódalas correntes tributarias do río Arnoia comprendidas neste tramo.

Védanse tódalas especies desde a presa do Buraco (límite superior) ata a presa dos Osos (límite inferior), no concello de Allariz, nunha lonxitude aproximada de 1.300 m.

Autorízase a pesca durante todo o ano de tódalas especies, agás a troita, no tramo comprendido entre a presa de Acearrica (límite superior) e a presa do Burato (límite inferior), no concello de Allariz.

RÍO BARBANTIÑO

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a fervenza do Barbantiño (límite superior) e a desembocadura no río Miño (límite inferior), nos concellos de Punxín, Amoeiro e Maside, nunha lonxitude aproximada de 6.500 m.

RÍO BARRA

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a fervenza e a desembocadura no río Miño, nos concellos de Coles e da Peroxa, nunha lonxitude aproximada de 2.600 m.

RÍO BIBEI

Védanse todalas especies no tramo comprendido nun tramo de 500 m auges arriba da caseta do Areal, no concello de Viana do Bolo.

RÍO CONSO

Véndanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento do río Cerreira-Conso (límite superior) e a confluencia co regato de Valboa en Pradoalbar (límite inferior), no concello de Vilariño de Conso, nunha lonxitude aproximada de 12.000 m.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte de Sabuguido (límite superior) ata a confluencia co río Cenza (límite inferior), no concello de Vilariño de Conso, nunha lonxitude aproximada de 2.700 m.

RÍO DEVA

Védanse tódalas especies nun tramo de 300 m augas arriba da ponte de Entrerríos, no concello de Padrenda.

REGATO FRAGOSO

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a desembocadura no río Miño, nos concellos de Castrelo de Miño e Cartelle.

RÍO LOBIOS

Védansé tódalas especies no tramo comprendido entre os muíños da fábrica de Lobios (límite superior) e a localidade de Lobios (límite inferior), nunha lonxitude aproximada de 1.500 m.

RÍO MAO E AFLUENTES

Védanse tódalas especies no tramo de auga encorada na área recreativa de Montederramo.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a ponte de Touzal, así como nos regatos de Groil e de Reixa desde o seu nacemento ata a súa desembocadura no río Mao, no concello de Montederramo. Esta veda esténdese tamén a tódolos afluentes do curso alto.

RÍO MIÑO

Védanse tódalas especies desde a presa de Frieira (límite superior) ata o río Troncoso pola marxe esquerda e a súa prolongación imaxinaria ata a beira dereita do Miño (límite inferior), nunha lonxitude aproximada de 300 m.

A cota máxima de capturas de troitas por pescador e día é de seis exemplares nos seguintes tramos:

-Primeiro tramo (concellos de Nogueira de Ramuín e A Peroxa): desde a ponte do ferrocarril en Peares (límite superior) ata 1.000 m augas abaixo no río Miño (límite inferior).

-Segundo tramo (concello de Ourense): desde a presa de Velle (límite superior) auges abaixo ata o viaducto do ferrocarril (límite inferior).

-Terceiro tramo (concellos de Ourense, Barbadás e Amoeiro): desde a ponte Novísima (límite superior) augas abaixo ata a desembocadura do regato de Alongos na marxe esquerda do Miño e a súa prolongación imaxinaria ata a marxe dereita (tramo inferior).

Nestes mesmos tramos prohíbese a pesca desde embarcación ou artefacto flotante.

Permítese a pesca durante todo o ano de tódalas especies, agás a troita, no tramo comprendido entre o viaducto do ferrocarril (límite superior) e a ponte Novísima (límite inferior) no concello de Ourense.

RÍO ORILLE

Védanse todalas especies no tramo comprendido entre a industria Iberolacto (límite superior) e a presa do Conde (límite inferior), no concello de Celanova, nunha lonxitude aproximada de 2.000 m.

RÍO PUGA

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a desembocadura no río Miño, no concello de Toén.

RÍO DE QUEIXA-EDREIRA E AFLUENTES

Vedanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a desembocadura do regato de Figueiro, preto dos límites dos concellos de Chandrexa de Queixa, Laza e Montederramo, así como tódolos regatos tributarios do tramo vedado (regato de Boqueira, Cascallal, Cabrociños, Cabras, das Casas e outros).

RÍO SIL

Autorízase a pesca durante todo o ano de tódalas especies, agás troita, no tramo comprendido entre a ponte de San Fernando (límite superior), no concello do Barco de Valdeorras, e o lugar coñecido como Os Barrancos (límite inferior).

RÍO TÁMEGA E AFLUENTES

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a desembocadura do regato de Braxón en Tamicelas, no concello de Laza, así como os regatos tributarios que verten a el no tramo vedado (regatos de Portas, Abilleira, Braxón e outros).

No río Collas védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a desembocadura no río Támega, no concello de Laza. Esta veda esténdese a tódolos regatos tributarios.

RÍO XARES

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o límite do coutado no Pozo dos Mouros (límite superior) e o remate da área recreativa (límite inferior), no concello da Veiga, nunha lonxitude aproximada de 500 m.

RÍOS DOS MONTES DO INVERNADEIRO

Quedan vedados tódolos cursos de auga dos montes do invernadeiro, propiedade da Xunta de Galicia, así como un tramo de 500 m cara ó exterior destes límites no encoro das Portas, no concello de Vilariño de Conso.

3.-RÉXIME ESPECIAL DE ENCOROS

Autorízase a pesca durante todo o ano de tódalas especies, agás troita, nos seguintes encoros:

ENCORO DE ALBARELLOS: Desde a Ponte Albarellos (límite superior do río principal) ata a presa de Albarellos (límite inferior).

ENCORO DO VAO:

No río Bibei: desde a Ponte da residencia (límite superior) ata a presa do Vao (límite inferior).

No río Camba: desde a ponte de Bembibre (límite superior) ata a presa do Vao (límite inferior).

No río Conso: desde a Ponte de Vilariño de Conso (límite superior) ata a presa do Vao (límite inferior).

ENCORO DE CACHAMUÍÑA: Desde a pasarela sobre o río Loña na cola do encoro (límite superior) ata a presa de Cachamuíña (límite inferior).

ENCORO DE CASTRELO DE MIÑO: Desde a desembocadura do regato de Alongos na marxe esquerda e a súa prolongación imaxinaria na marxe dereita (límite superior) ata a presa de Castrelo de Miño.

ENCORO DE CHANDREXA DE QUEIXA: Desde a desembocadura do río Navea no encoro (límite superior) ata a presa de Chandrexa (límite inferior).

ENCORO DAS CONCHAS: Desde a ponte da estrada de Bande a Xinzo de Limia (límite superior esquerdo) e desde 50 metros augas abaixo do límite do coutado no río Cadós (límite superior dereito) ata a presa das Conchas (límite inferior).

ENCORO DA EDRADA: Desde a ponte da estrada de Vilariño Frío á Edrada e Parada de Sil (límite superior) ata a presa da Edrada (límite inferior).

ENCORO DE FRIEIRA: Desde a desembocadura do río Avia (límite superior) ata a presa de Frieira (límite inferior).

ENCORO DE LINDOSO: Desde a ponte da carretera sobre o encoro cara a Lobios e a Madanela (límite superior) ata a fronteira con Portugal (límite inferior).

ENCORO DE MONTEFURADO: Desde a ponte da estrada C-536 de Ourense á Rúa (límite superior) ata o límite coa provincia de Lugo (límite inferior).

ENCORO DE PRADA: Desde a ponte da estrada da Veiga a Covelo (límite superior) ata a presa de Prada (límite inferior).

ENCORO DE PUMARES: Desde a ponte de Roldán (límite superior) ata a presa de Pumares no interior da provincia de Ourense (límite inferior).

ENCORO DE SALAS: Desde a ponte de Requiás a Maus de Salas (límite superior) ata a presa de Salas (límite inferior)

ENCORO DE SANTO ESTEVO: Desde a ponte da estrada de Castro Caldelas a Monforte de Lemos (límite superior) ata a presa de Santo Estevo (límite inferior).

ENCORO DE SAN MARTIÑO: Desde a parte da estrada entre A Rúa e Petín (límite superior) ata a desembocadura do regueiro A Vioca no río Sil (límite inferior).

ENCORO DE SANTIAGO: Desde a confluencia do río Leira co Sil (límite superior) ata a presa de Santiago (límite inferior).

ENCORO DE VELLE: Desde 1.000 metros augas abaixo da ponte de ferrocarril nos Peares (límite superior) ata a presa de Velle (límite inferior).

ANEXO IV

RÉXIMES ESPECIAIS DA

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

l.-RÉXIMES ESPECIAIS DE VEDAS, CEBOS E MODALIDADES DE PESCA

RÍO ULLA E AFLUENTES

Mantense a veda da troita ata o día 30 de abril no tramo do curso principal comprendido entre a presa do encoro de Portodemouros e a desembocadura no mar, así como en tódolos seus afluentes pontevedreses nun tramo de un quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Ulla. No caso do río Deza, o tramo será desde a denominada presa de Saidres ata a súa confluencia co río Ulla.

Védanse tódalas especies nos seguintes tramos:

Couto de Ximonde

Rio Asneiro (afluente do Deza): Desde a ponte da Praia Fluvial de Vilatuxe ata a ponte Bustelo.

Regato de Orza (afluente do Deza): Desde o muíño de Outeiro ata a confluencia co río Deza.

Río Deza: Desde a ponte A Carixa ata a confluencia do Deza co regato de Orza, e desde presa Muíño Amancio ata os muíños de Vilanova.

Río Mera (afluente do Deza): Desde o seu nacemento ata a ponte de Mera.

Río Pequeno (afluente do Deza): Desde a súa desembocadura no Deza ó lugar de Labozán.

Río Escuadro (afluente do Toxa, conca do Deza): En todo o seu curso.

Río Chacán (afluente do Arnego): Desde a ponte da estrada da Golada a Rodeiro ata a súa desembocadura no Arnego.

Río Liñares (afluente do Ulla): Desde o nacemento do río Liñares e tódolos seus afluentes ata a súa confluencia co río Ulla agás no couto de Rubín.

Nos coutos de Couso e Sinde autorízase a pesca do salmón desde o 14 de maio ata o 30 de xuño.

Nos coutos salmoneiros do río Ulla, cando as condicións hidrobiolóxicas imperantes non permitan que a pesca do salmón se realice coa deportividade que se require, o Servicio de Medio Ambiente Natural de Pontevedra procederá a toma-las medidas tendentes á prohibición do uso de cebos que se con

sideren prexudiciais para a práctica da pesca da dita especie, tales como o devón e a culleriña.

Nas zonas de influencia marítima, comprendidas entre a ponte interprovincial de Catoira e o límite marítimo fluvial, autorizarase a captura de especies usuais en esteiros (muxo, anguía, robaliza) durante todo o ano 1995 coa limitación de devolver ás augas inmediatamente as pezas da familia dos salmónidos que sexan capturadas. Poderase pescar utilizando dúas canas á vez, sempre que estean ó alcance da man, e como cebo poderase utiliza-lo denominado «bicho de mar».

RÍ0 LÉREZ E AFLUENTES

Manténse a veda da troita ata o día 30 de abril no curso principal, desde a presa da minicentral hidroeléctrica de Doma, ata a súa confluencia co mar, así como en tódolos afluentes que verten augas nese tramo, nunha lonxitude dun quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Lérez.

Védanse tódalas especies nos seguintes tramos:

Desde o nacemento en Aciveiro, lugar de Noveliza, ata a Ponte Andón, lugar de Peseirao, parroquia de Pereira, considerándose vedados así mesmo os tres regatos que conflúen no Lérez antes da Ponte Andón que son o Taboadelo, o Vilaverde e o Pao Dereito.

Desde a presa de Bora ata o límite inferior do couto de Monteporreiro.

Regato de Freixeira: Na súa totalidade, incluídos os seus afluentes.

Río Almofrei: Desde a toma da auga da piscifactoría de Carballedo ata a presa de Pozo Negro.

Regato de Paraños (afluente do río Almofrei): Desde a presa do muíño do Sr. Blanco ata a súa confluencia co río Almofrei.

Río Seixo: Desde o nacemento do río ata a súa confluencia co río Lérez incluíndo tódolos afluentes.

Nas zonas de influencia marítima, comprendidas entre a ponte do ferrocarril Vigo-A Coruña e a desembocadura co mar, autorizarase a captura de especies usuais en esteiros (muxo, anguía, robaliza) durante todo o ano 1995 coa limitación de devolver ás augas inmediatamente as pezas da familia dos salmónidos que sexan capturadas. Poderase pescar utilizando dúas canas á vez, sempre que estean ó alcance da man, e como cebo poderase utiliza-lo denominado «bicho de mar».

RÍO UMIA E AFLUENTES

Mantense a veda da troita ata o 30 de abril no curso principal desde a fervenza de Segade ata a súa confluencia co mar, así como tódolos afluentes nese tramo nunha lonxitude de un quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Umia.

Védanse para tódalas especies os seguintes tramos:

Na praia fluvial de Lornes (Cuntis), da ponte nova a 400 metros augas arriba, no curso principal do río.

Regato de Soutiño: Desde a ponte de Saltiño augas abaixo ata a pasarela de pescadores situada 100 m augas arriba da súa confluencia co río Umia.

Río Armenteira: Desde o lugar coñecido como «grupo escolar», en Armenteira, ata o mosteiro de Armenteira.

Río Bermaña: Desde o nacemento ata a ponte de Ferrín.

Río Gallo: Desde a ponte Espadenal á ponte Nova.

Río Patela (afluente do río Gallo): Na súa totalidade.

Nas zonas de influencia marítima, comprendidas entre a Ponte Estacas, lugar de Castrelo, e a desembocadura no mar, autorizarase a captura de especies usuais en esteiros (muxo, anguía, robaliza) durante todo o ano 1995 coa limitación de devolver ás augas inmediatamente as pezas da familia dos salmónidos que sexan capturadas. Poderase pescar utilizando dúas canas á vez, sempre que estean ó alcance da man, e como cebo poderase utiliza-lo denominado «bicho de mar».

RÍOS TEA E UMA, E AFLUENTES

Mantense a veda da troita ata o día 30 de abril no curso principal do río Tea ata a súa confluencia co río Uma, e no río Uma, no seu curso principal, ata Ponte Alta.

Védanse tódalas especies nos seguintes tramos:

Regato de Porto (afluente do Tea): Desde 100 m augas arriba do Pontillón de Noval no lugar dos Arrojos ata a ponte de Barxela na estrada de Ganade a Moreira no logar de Porteliña.

Río Xabriña (afluente do río Tea): Desde a súa desembocadura ata o lugar de Queimadelos.

RÍO VERDUGO E AFLUENTES

Védanse tódalas especies nos seguintes tramos:

Desde a Ponte de Ponte-Caldelas ata a presa de Parada, no curso principal, e soamente ata a data de celebración da «festa municipal da troita». A seguir o dito tramo funcionará como couto social de pesca para menores e xubilados.

Regato de Porto do Río: Na súa totalidade.

Regato de Campechano (afluente do río de San Vicente): Desde a ponte da ermida de San Vicente á estrada xeral C-531 en Vilarchán.

Río Parada de Valdohome: Desde o seu nacemento ata a ponte de Couso incluíndo afluentes (Casariños, Oceiño da Rexa).

Río Traspielas (afluente do río Barragán, conca do Oitavén): En todo o seu curso incluíndo os seus afluentes.

Nas zonas de influencia marítima, comprendidas entre a Carballeda dos Franceses (lugar de Camboa), na marxe dereita, ou desde o Cafexo na marxe esqueda, ata a desembocadura no mar, autorizarase a captura de especies usuais en esteiros (muxo, anguía, robaliza) durante todo o ano 1995 coa limitación de devolver ás augas inmediatamente as pezas da familia dos salmónidos que sexan capturadas. Pode

rase pescar utilizando dúas canas á vez, sempre que estean ó alcance da man, e como cebo poderase utiliza-lo denominado «bicho de mar».

O couto social de Ponte-Caldelas rexerase polas normas publicadas nos réximes especiais da provincia de Pontevedra para a tempada de 1994 (Boletín Oficial da provincia nº 61, do 29 de marzo de 1994).

RÍO LOIRA

Védanse tódalas especies desde o seu nacemento ata a Ponte Pasaxe (estrada de Campo a San Tomé en Esperela) incluíndo os afluentes que verten no río por enriba da Ponte de Pasaxe.

RÍO DEVA

Védanse tódalas especies en todo o curso do regato de Chan.

RÍO LAGARES

Védanse tódalas especies desde o límite inferior do couto Fragoso ata a súa desembocadura no mar.

2.-RÉXIMES ESPECIAIS ENCOROS E LAGOAS

ENCORO DE ZAMÁNS: Autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass durante todo o ano, sendo a cota de captura por pescador e día ilimitado. Na época hábil para salmónidos permitirase a captura de 5 exemplares de troita por pescador e xornada. O funcionamento do couto de pesca intensiva rexerase polas normas publicadas nos réximes especiais da provincia de Pontevedra para a tempada de 1994 (BOP nº 61, do 29 de marzo de 1994).

LAGOA DE CASTIÑEIRAS: O couto de pesca intensiva da lagoa de Castiñeiras rexerase polas normas publicadas nos réximes especiais da provincia de Pontevedra para a tempada de 1994 (BOP nº 61, do 29 de marzo de 1994), coas seguintes modificacións: o período hábil é o incluído entre o 27 de maio e o 1 de outubro de 1995, ambos inclusives, a cota de captura é de 15 exemplares por pescador e día, e o número máximo de pescadores é de 24.

Quedan vedadas tódalas especies no regato que verte á lagoa.

ENCORO DE PORTODEMOUROS: Autorízase a captura de ciprínidos durante todo o ano, empregándose soamente anzol do nº 10 ou máis pequeno. Na época de veda de salmónidos, queda prohibido o uso de cebo vivo. Só se poderá empregar unha cana por pescador, sendo ilimitados o número de pescadores e o número de ciprínidos capturados por pescador e día.

Na desembocadura dos ríos que verten ó encoro prohíbese pescar nos 50 m inmediatos a cada lado da mesma. No caso especial do río Arnego, a probibición estenderase ata 50 m augas abaixo da Frisca.