Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.903

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 89/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-L.M.T. subterránea a 20 kV, de 172 metros de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 kV Al de 150 mm, que parte do C.T. edificio España e remata no C.T. que se vai construír na rúa nº 1 (J. España) tipo interior de 400 kVA a 20.000±2,5-5%/398-230 voltios. Concello de Boiro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña